Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2022 Páx. 1910

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DECRETO 173/2021, do 2 de decembro, polo que se dispón a substitución de dous membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia; no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei; no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola UGT-Servizos Públicos de Galicia (UGT-Galicia) e pola Confederación Intersindical Galega (CIG), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dous de decembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cesamentos

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1º. En representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia, ensino privado:

Azucena Rodríguez Amoroso (UGT-Servizos Públicos).

2º. En representación do persoal de administración e servizos, por proposta das centrais sindicais máis representativas:

María Burque Gerpe (Comisións Obreiras).

Artigo 2. Nomeamentos

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1º. En representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia, ensino privado:

José Antonio Míguez Vila (UGT-Servizos Públicos).

2º. En representación do persoal de administración e servizos, por proposta das centrais sindicais máis representativas:

Rubén García Castrelo (Confederación Intersindical Galega).

Artigo 3. Duración do mandato

O mandato dos novos membros será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exercen.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de decembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade