Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1672

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 13 de decembro de 2021 de premios da especialidade de banda deseñada do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convoca para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q) o procedemento de concesións é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O 13 de decembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, dita resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de banda deseñada do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias dos premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 15 e 19 da referida Orde do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 13 de decembro de 2021 ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios da especialidade de banda deseñada do programa Xuventude Crea no ano 2021 e na páxina web http://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 13 de decembro de 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes a favor da Consellería de Política Social dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se coide oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, que regulariza, aclara e harmoniza as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude da Consellería de Política Social, entendendo que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios da especialidade de banda deseñada do programa Xuventude Crea no ano 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea

Mediante a Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2021.

No seus artigos 2 e 3 recóllese definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000,00 €.

Un segundo premio de 1.500,00 €.

Un terceiro premio de 1.000,00 €.

No seu artigo 15 regúlase a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de banda deseñada asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de banda deseñada do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Publicar no anexo II a relación de solicitudes que non obtiveron premio.

Terceiro. Publicar no anexo III a relación de solicitudes excluídas.

Cuarto. Esta resolución finaliza o procedemento e esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 29.7.2021; DOG nº 130, do 9 de xullo). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas premiadas

Especialidade de banda deseñada

Programa Xuventude Crea 2021

Premios

Nº de exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación final

Importe premio (€)

1º premio

BS310Q 2021/150

Jorge Fernández Fernández

***3140**

O capricho

Bohemius 96

53

3.000,00 €

2º premio

BS310Q 2021/175

Brais Fierro Fuentes

***4255**

Vilzavar

Brrr

50

1.500,00 €

3º premio

BS310Q 2021/240

Sergio Ocampo González

***8827**

O xérmolo da roseira

Artista sonámbulo

49

1.000,00 €

Mención de honra, que carece de dotación económica:

Nº de exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Título

Pseudónimo

BS310Q 2021/006

Ánxel Carramal Fernández

***2154**

Jannyt

Abendita

BS310Q 2021/143

Antón Yáñez Souto

***9858**

Proxecto mandrágora

Sen pseudónimo

ANEXO II

Relación de persoas participantes que non obtiveron premio

Especialidade de banda deseñada

Programa Xuventude Crea 2021

Nº de exp

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2021/109

Lucía Rodríguez Cid

***2996**

Chuchamel

BS310Q 2021/117

Hugo Feal Permuy

***2265**

Sen pseudónimo

BS310Q 2021/128

Paula Botana Lozano

***0439**

Tomie

BS310Q 2021/129

Nicolás Vázquez Ben

***7334**

Gris

BS310Q 2021/177

Cristina López Varela

***3609**

Alborja

BS310Q 2021/199

Manuel Cancela Rodríguez

***8038**

Sen pseudónimo

BS310Q 2021/224

Nuria Martínez Carbo

***9007**

Maruxa Mallo

BS310Q 2021/242

Adrián Jamardo Fernández

***2867**

Hadrián

BS310Q 2021/296

Alexandre Senande Díaz

***5571**

Sen pseudónimo

BS310Q 2021/299

Baltar Morgade Lorez

***8019**

Patacas 36

ANEXO III

Relación de solicitudes excluídas

Especialidade de banda deseñada

Programa Xuventude Crea 2021

Nº de exp.

Nome e apelidos

Causa de exclusión

BS310Q 2021/072

Samuel Galán Aira

Obra non anónima e textos só en castelán

BS310A 2021/249

Tristán de Ron Ferreiros

É un relato con ilustracións e non unha banda deseñada