Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1677

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2021 de premios da especialidade de danza moderna do programa Xuventude Crea da Orde do 29 de xuño de 2021 (código de procedemento BS310Q).

No Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q). O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O día 14 de decembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, emitiu resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de danza moderna do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias dos premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 15 e 19 da referida Orde do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 14 de decembro de 2021, ditada no procedemento BS310Q, de concesión de premios da especialidade de danza moderna do programa Xuventude Crea no ano 2021 e na páxina web http://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 14 de decembro de 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se crea oportuno, sen máis limitacións ca as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, que regulariza, aclara e harmoniza as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes, deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social, que entenderá que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas e poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como na autorización da edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), das redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada, deberá indicar de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios da especialidade de danza moderna

do programa Xuventude Crea no ano 2021

(DOG núm. 130, do 9.7.2021)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo) establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

No seu artigo 15 regúlase a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor en vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de danza moderna asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, as cales foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude,

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de danza moderna do programa Xuventude Crea no ano 2021, convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Publicar no anexo II a relación de solicitudes que non obtiveron premio.

Terceiro. Publicar no anexo III a renuncia dunha finalista.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021. A conselleira de Política Social, P.D. (Orde do 29 de xuño de 2021; DOG núm. 130, do 9 de xullo). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas premiadas

Especialidade de danza moderna

Programa Xuventude Crea 2021

Premios

Nº de expediente

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación final

Importe premio

1º premio

BS310Q 2021/276

Celina Mauricio Damas

***2429**

Siete pecados

Siete pecados

150

3.000,00 €

2º premio

BS310Q 2021/266

Sara Sanz Fonta

***2842**

Cristales

The other side of paradise

130

750,00 €

BS310Q 2021/265

Llui Castro Vilches

***0770**

Llui waratchaya

Impulsive

130

750,00 €

3º premio

BS310Q 2021/264

Carla Cabrera Alonso

***0999**

Grow as ohana

Mantendo a esencia

100

500,00 €

BS310Q 2021/323

Pablo García Lagoa

***0868**

Macorinos

Manos perdidas

100

500,00 €

ANEXO II

Relación de persoas participantes que non obtiveron premio

Especialidade de danza moderna

Programa Xuventude Crea 2021

Nº de expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2021/073

Samuel Galán Aira

***2833**

Serio

BS310Q 2021/145

Greta Pérez Cobas

***4637**

Supadupa

BS310Q 2021/176

Evelyn Ramírez Fernandes

***9407**

Evelyn hastings

ANEXO III

Renuncia

Especialidade de danza moderna

Programa Xuventude Crea 2021

Nº de expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Causa renuncia

BS310Q 2021/194

Inés Santos Acuña

***7013**

Greas

Lonxe de eiquí

Lesión que impide participar