Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1777

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2022 pola que se modifican os anexos II a IX da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 9 de decembro de 2020 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

Para adaptalos a diversos cambios normativos modificáronse anexos da devandita orde nas resolucións da Axencia Tributaria de Galicia do 25 de xaneiro, do 4 de marzo e do 14 de maio de 2021.

A Lei de medidas fiscais e administrativas para o ano 2022 modifica, entre outros aspectos, o tipo impositivo aplicable á transmisión de bens inmobles, así como na constitución e cesión de dereitos reais que recaian sobre estes, excepto os dereitos reais de garantía, que pasa a ser do 9 %.

Por outra banda, o Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia, aprobou a imaxe corporativa institucional do Goberno e do sector público autonómico de Galicia.

No seu artigo 2 establece que a Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia se axustarán ao previsto nesta norma no relativo:

a) Á elaboración e emisión de documentos, modelos normalizados e material impreso.

b) Ás informacións, publicacións, comunicacións ou calquera expresión en todo tipo de soportes, incluídos os medios electrónicos e/ou dixitais e audiovisuais, así como os carteis ou as sinalizacións que elaboren ou utilicen.

O exposto fai necesario modificar e adaptar os anexos II a IX da Orde do 9 de decembro de 2020; para iso é competente a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar os anexos II a IX da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria, que pasan a ser os seguintes:

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación.

Disposición transitoria

Os modelos en papel de autoliquidacións que son substituídos mediante esta resolución seguirán tendo validez e eficacia ata o seu esgotamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2022

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

missing image file