Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1808

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 20 de decembro de 2021 pola que se publican as bases das axudas para estudantado que inicia estudos de máster oficial que non habilitan para profesión regulada no curso 2021/22.

BDNS (Identif.): 602400.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/602400).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que inicia estudos de máster oficial que non habilitan para profesión regulada no curso 2021/22.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas axudas é financiar os prezos públicos derivados da matrícula do estudantado que inicia estudos de máster oficial en centros propios e que se ve afectado polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE do 5 de xullo).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución reitoral pola que se convocan axudas para estudantado que inicia estudos de máster oficial que non habilitan para profesión regulada no curso 2021/22.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de cincuenta mil euros (50.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 21 de decembro ata o 31 de xaneiro de 2022.

Vigo, 27 de decembro de 2021

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 26.5.2020; DOG do 4 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria