Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:
– «Industrias Lácteas de Nadela, S.L.U. Revisión de autorización ambiental integrada. Outubro de 2021».
Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:
– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
ANEXO
Memoria resumo
Clave do expediente: 2020-IPPC-M-39.
Peticionario: Industrias Lácteas de Nadela, S.L.U.
NIF: B27501824.
Domicilio social: estrada nacional VI, km 495, Nadela, Lugo.
Localización da instalación: estrada nacional VI, km 495, Nadela, Lugo.
Actividade: fábrica de produtos lácteos (UHT, manteiga, leite en po, leite concentrado, nata e leite a granel, mazada e leite pasteurizado), englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 9.1.c).
Descrición das instalacións: a planta consta dun edificio principal de procesado de produtos lácteos, edificio de servizos auxiliares, tratamento de auga potable, tratamento de augas residuais, transformador e almacén de residuos perigosos.
Verteduras: as augas residuais de proceso, sanitarias e pluviais trátanse na EDARI das instalacións, previamente á súa incorporación á rede de sumidoiros municipal.