Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a convocatoria de pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación LMT derivada Santiago da Veiga, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 23 de decembro de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 8/2016 AT.
Denominación: LMT derivada Santiago da Veiga (Concello de Sarria).
Pagamento do prezo xusto.
Predio |
Propietario |
Anotación correo |
Concello |
Polígono |
Parcela |
28 |
Com. veciños céltigos |
Devolto |
Sarria |
502 |
385 |
17 |
Ángel Abelleira López |
Devolto |
Sarria |
14 |
711 |