Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1325

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de catro encomendas de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante o ano 2022.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:

1. Resolución do 11 de novembro de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) o servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2022.

– Actividade: a realización, polo sistema de administración, do servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2022.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, aplicación orzamentaria 15.01.541C.604.1, e con código de proxecto 2011 00867.

2. Resolución do 13 de decembro de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio técnico para o sistema de control e verificacións en relación co cumprimento das intervencións comunitarias cofinanciadas polo FEMP na Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2014-2020.

– Actividade: a prestación dun servizo de apoio para a realización de controis de verificacións dos sistemas e procedementos adoptados para garantir o correcto cumprimento dos proxectos e para satisfacer os requisitos establecidos no artigo 125 do Regulamento 1303/2013. Para iso, asistirase a Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento e Verificación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, na súa calidade de órgano facultado para asumir as funcións na devandita materia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2016 00287. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

3. Resolución do 3 de decembro de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do estudo de viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) 2014-2020.

– Actividade: a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o estudo da viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do FEMP e calquera outro fondo similar que entre en vigor no período de vixencia do encargo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A, filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2016 00287. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

4. Resolución do 3 de decembro de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio administrativo á xestión do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020.

– Actividade: a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o apoio administrativo á xestión do FEMP e calquera outro fondo similar que entre en vigor no período de vixencia do encargo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2016 00287. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar