De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:
1. Resolución do 15 de decembro de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Actividade: a realización das actuacións de revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 30 de xuño de 2022.
– Financiamento: tramitouse como anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.
2. Resolución do 30 de decembro de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización do servizo en materia de formación correspondente á impartición dun programa de accións formativas no ano 2022 no centro de formación A Aixola.
– Actividade: realización pola fundación Cetmar das accións para dar o servizo en materia de formación para a impartición dun programa de accións formativas no ano 2022 no centro de formación A Aixola, de acordo coas condicións establecidas no prego de condicións aprobado para o efecto.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.
– Financiamento: tramitouse como anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.03.722A.640.1, código do proxecto 2016 00258, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2022
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar