BDNS (Identif.): 604390.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base nacional de subvencións (http;//www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Poderán optar ás axudas, a través dunha prima, as persoas físicas titulares das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021 que estean en funcionamento e manteñan a súa situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia da seguinte maneira:
a) Para a subvención da anualidade 2022 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de agosto de 2019.
b) Para a subvención da anualidade 2023 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2020.
c) Para a subvención da anualidade 2024 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021.
2. Poderán optar ás axudas de investimento financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 13.02.312B.770.0 as persoas físicas titulares das casas niño recollidas no artigo 1 da convocatoria que estean en funcionamento e manteñan a súa situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia da seguinte maneira:
a) Para a subvención da anualidade 2022 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de marzo de 2017.
b) Para a subvención da anualidade 2023 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de marzo e o 31 de xullo de 2018.
c) Para a subvención da anualidade 2024 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de abril e o 31 de agosto de 2019.
3. As persoas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non están incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiarias.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva ás persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e proceder á súa convocatoria coa finalidade de dar continuidade a este recurso e seguir atendendo as necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias nos concellos rurais de Galicia en que están establecidas co financiamento dos gastos nos anos 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403G).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403G).
Cuarto. Natureza e contía da axuda
1. Para a reposición do equipamento, material didáctico e/ou de xogo, destinarase unha subvención de 500,00 €.
2. Para a prestación dunha atención personalizada a nenos e nenas de 0-3 anos destinarase unha prima de 24.200,00 €/ano.
Quinto. Financiamento
Ás axudas obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total 4.746.000,00 € dos cales 4.719.000,00 € imputaranse á aplicación orzamentaria 13.02.312B.470.0 e 27.000,00€ á aplicación 13.02.312B.770.0, desagregados da seguinte maneira.
Aplicación |
Importe 2022 |
Importe 2023 |
Importe 2024 |
Importe total |
13.02.312B.470.0 |
1.306.800,00 € |
1.597.200,00 € |
1.815.000,00 € |
4.719.000,00 € |
13.02.312B.770.0 |
13.000,00 € |
8.500,00 € |
5.500,00 € |
27.000,00 € |
Total |
1.319.800,00 € |
1.605.700,00 € |
1.820.500,00 € |
4.746.000,00 € |
Sexto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2021
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social