Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2022 Páx. 679

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 22 de decembro de 2021 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (CS2103).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario (DOG do 17 de setembro), no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve anunciar a convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

CS2103. Profesor/a asociado/a ciencias da saúde (anexo).

A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando «Emprego» e logo «Concursos de profesorado». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 22 de decembro de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos da praza

Praza nº 1:

Referencia:

CS2103-C01-610-AC-P3-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a ciencias da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

licenciado/a ou graduado/a en Medicina, Dereito ou Enfermaría, ou diplomado/a en Enfermaría e con titulación de posgrado/máster oficial en Bioética de, polo menos, 20 ECTS ou superior, en todas as titulacións anteriormente indicadas

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420602 Enxeñaría Clínica e Hospitalaria

Observacións:

enxeñería clínica e hospitalaria: marco legal e regulatorio xeral hospitalario e de dispositivos, ética no ámbito hospitalario. Persoal pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo con formación en bioética (titulación de posgrado/master oficial en Bioética ou similar de, polo menos, 20 ECTS ou superior)