Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2022 Páx. 681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 16 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia a persoa interesada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2016/0179).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa indicada no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes. Para iso pode consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo de Lugo, rolda da Muralla núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Lugo, 16 de decembro de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

NIF

Procedemento

LU-2016/0179

33318266Y

Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia