De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en adiante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario (DOG do 17 de setembro), no II convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público na seguinte categoría:
AS2102. Profesor/a asociado/a T3 (anexo).
A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando Emprego e logo Concursos de profesorado. Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).
O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.
Vigo, 21 de decembro de 2021
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Datos das prazas
Praza nº 1.
Referencia: |
AS2102-T07-520-A3-P3-01 |
Nº de prazas: |
1 |
Corpo/categoría: |
Profesor/a asociado/a T3 |
Área de coñecemento: |
Enxeñería de Sistemas e Automática |
Departamento: |
Enxeñaría de Sistemas e Automática |
Titulación: |
Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado |
Centro de traballo: |
312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo) |
Dedicación: |
Tempo parcial de 3 horas |
Duración contrato: |
2º semestre |
Perfil/docencia: |
[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo): G380403 Fundamentos de automática |
Praza nº 2.
Referencia: |
AS2102-T17-596-A3-P4-01 |
Nº de prazas: |
1 |
Corpo/categoría: |
Profesor/a asociado/a T3 |
Área de coñecemento: |
Matemática Aplicada II |
Departamento: |
Matemática Aplicada II |
Titulación: |
Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado |
Centro de traballo: |
106 Escola Superior de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense) |
Dedicación: |
Tempo parcial de 4 horas |
Duración contrato: |
2º semestre |
Perfil/docencia: |
[Escola Superior de Enxeñaría Informática] (Campus de Ourense): G151106 Matemáticas: álxebra lineal |
Praza nº 3.
Referencia: |
AS2102-X02-165-A3-P3-01 |
Nº de prazas: |
1 |
Corpo/categoría: |
Profesor/a asociado/a T3 |
Área de coñecemento: |
Dereito Mercantil |
Departamento: |
Dereito Privado |
Titulación: |
Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado |
Centro de traballo: |
303 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus de Vigo) |
Dedicación: |
Tempo parcial de 3 horas |
Duración contrato: |
2º semestre |
Perfil/docencia: |
[Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais] (Campus de Vigo): G020205 Dereito mercantil |
Praza nº 4.
Referencia: |
AS2102-X04-215-A3-P6-01 |
Nº de prazas: |
1 |
Corpo/categoría: |
Profesor/a asociado/a T3 |
Área de coñecemento: |
Didáctica e Organización Escolar |
Departamento: |
Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación |
Titulación: |
Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado |
Centro de traballo: |
105 Facultade de Educación e Traballo Social (Campus de Ourense) |
Dedicación: |
Tempo parcial de 6 horas |
Duración contrato: |
2º semestre |
Perfil/docencia: |
[Facultade de Educación e Traballo Social] (Campus de Ourense): G130202 Educación: didáctica: deseño e programación no ámbito socioeducativo G130405 Intervención socioeducativa para a inclusión social |