Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 226

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2021 pola que se adxudica o III Premio aos/ás empregados/as públicos/as innovadores/as, correspondente á convocatoria do ano 2021.

Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 29 de abril de 2021 (publicada no DOG núm. 91, do 18 de maio) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o III Premio aos/ás empregados/as públicos/as innovadores/as, co obxectivo de sensibilizar e incentivar o uso da innovación para a mellora dos servizos públicos e a optimización na xestión dos recursos públicos.

En cumprimento do establecido no artigo 12 das bases reguladoras «A adxudicación dos premios realizarase mediante resolución da directora da Axencia Galega de Innovación, de acordo coa proposta do comité de avaliación».

De acordo co exposto, e seguindo o procedemento regulado nas bases reguladoras,

RESOLVO:

1. Adxudicar o III Premio aos/ás empregados/as públicos/as innovadores/as na súa convocatoria do ano 2021, logo da proposta do comité de avaliación:

– Na categoría de Identificación de oportunidades, á candidatura presentada por Víctor Manuel Fernández Albor, con NIF ***8951**, polo proxecto «Métricas eficientes no sistema educativo non universitario galego». Ao tratarse dunha solicitude individual, o premio consistirá nun importe en metálico de 2.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Na categoría de Proxecto coa temática máis innovadora, á candidatura achegada por Guillermo Vázquez Ríos, con NIF ***6854**, polo proxecto «Teatro inclusivo». Ao tratarse dunha solicitude individual, o premio consistirá nun importe en metálico de 2.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.DOG Núm. 0 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 2

2. Conforme o artigo 21 das bases reguladoras, os premios financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 06.A2.561A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2021.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto no devandito boletín oficial, de acordo co disposto nos artigos 8.2.a), 14 e 46.4, respectivamente.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación