Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 225

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar para ser executada durante o ano 2021.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselle publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

1. Resolución do 15 de novembro de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar a realización de actividades de promoción dos produtos da pesca, marisqueo e da acuicultura no marco do Business2Sea que terá lugar do 16 ao 18 de novembro no Centro social de Afundación en Vigo.

– Actividade: realización dunha serie de accións de promoción dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura galegos no transcurso do encontro Business2Sea, que terá lugar do 16 ao 18 de novembro no Centro social de Afundación en Vigo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 15 de novembro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723B.640.0, código do proxecto 2016 00286, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar