Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 3 de xaneiro de 2022 Páx. 23

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia Solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no DOG núm. 236, do 10 de decembro de 2021, procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o seguinte erro:

Na páxina 60049, no punto 6, onde di: «Serán consideradas zonas non demarcadas na provincia da Coruña os concellos de Cabanas, Cariño, A Capela, Fene, Ferrol, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas, a franxa de 5 quilómetros limítrofe cos concellos infestados que afecta parcelas dos concellos de Cee e Fisterra; e na provincia de Lugo os concellos de Abadín, Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto»., debe dicir: «Serán consideradas zonas non demarcadas na provincia da Coruña os concellos de Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas, a franxa de 5 quilómetros limítrofe cos concellos infestados que afecta parcelas dos concellos de Cee e Fisterra; e na provincia de Lugo os concellos de Abadín, Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto».