Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 3 de xaneiro de 2022 Páx. 24

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende) (código de procedemento IG501A).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 25 de outubro de 2021, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e facultou o director xeral para a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convocar para 2022 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva (procedemento IG501A).

Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020 e, en particular:

– Prioridade 6, área focal 6A: facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

– Medida 06: desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.2: axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.

O restante 25 % correspóndese con cofinanciamento nacional, asumindo o 7,5 % a Administración xeral do Estado e o 17,5 % a Xunta de Galicia.

Segundo. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, e condiciónase a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Créditos

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Código do proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2022

Ano 2023

2016 00028

06.A1.741A.7704

1.200.000 €

800.000 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de cinco meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo máximo de execución e xustificación dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2023.

O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento da primeira cota da axuda concedida (60 %) como máximo o 30 de outubro de 2022.

Sexto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que se lle debe efectuar á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sétimo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas
en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola
de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020

O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da comunidade galega.

A necesidade de que as administracións públicas implanten medidas concretas para fomentar o emprendemento e apoiar o emprendedor como axente dinamizador da economía en Galicia vén dada polo alto grao de representatividade das microempresas e pequenas empresas, determinantes do crecemento económico e soporte para a creación de emprego.

No contexto actual da Comunidade Autónoma, especialmente tras a negativa influencia socioeconómica da crise do coronavirus, é vital establecer medidas que fomenten a creación de emprego no rural, de cara a afrontar o reto demográfico que supoñen o envellecemento e o despoboamento do rural, permitindo establecer poboación nas zonas máis desfavorecidas de Galicia e aumentar as oportunidades de emprego dos seus habitantes.

O Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015 e modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, pola Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018, e pola Decisión de execución da Comisión C (2021) 4527-final, do 17 de xuño de 2021, prevé como prioridade 6, área focal 6A, facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego, establecendo na súa medida 06 –desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais– a necesidade de establecer axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais (submedida 6.2).

Co obxectivo de contribuír á diversificación económica, crecemento do emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais, o Igape desenvolve un sistema de incentivos de apoio á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables.

Considerando o carácter básico do Igape como instrumento de promoción eminentemente horizontal e aberto á colaboración cos distintos departamentos da Xunta de Galicia, ademais do previsto nestas e demais bases, poderá xestionar e canalizar cara ao tecido empresarial outras medidas de acordo cos departamentos competentes por razón da materia.

A convocatoria desta axuda será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación de actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

Para os efectos destas bases, a delimitación das zonas rurais establécese tendo en conta a clasificación proposta pola Comisión, denominada «grao de urbanización», que toma como unidade de referencia LAU2 (municipios) e na cal se definen tres categorías:

a) Zonas densamente poboadas (código 1): aquelas cunha densidade de poboación igual ou superior a 1.500 habitantes por km² e unha poboación mínima de 50.000 persoas.

b) Zonas de densidade intermedia (código 2): aquelas en que menos do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais (onde as cuadrículas nas zonas rurais son as que están fóra das agrupacións urbanas) e menos do 50 % vive en altos grupos de densidade.

c) Zonas de baixa densidade (código 3): aquelas en que máis do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais. Os LAU2 cunha poboación inferior a 5.000 habitantes e co 90 % ou máis da súa área nas cuadrículas rurais foron reclasificados como rurais.

A definición das zonas rurais realízase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) nun territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración os 7 concellos dos núcleos de poboación máis grandes da Comunidade Autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

A autoridade de xestión, xunto co Instituto Galego de Estatística, perfila as cuadrículas de estudo (1 km²) dentro de cada unha das zonas urbanas a nivel parroquia. Neste sentido, as parroquias definidas como rurais ou intermedias de todos os concellos de Galicia poden ser admisibles para os efectos do financiamento de proxectos a través do PDR 2014-2020 e cofinanciados co fondo Feader. Porén, considéranse tamén non admisibles aquelas parroquias que están en concellos non urbanos pero si teñen parroquias que teñen esta característica (ZDP).

No anexo VII inclúese a relación de parroquias non admisibles para os efectos das presentes bases.

2. Actividades. Con carácter xeral, serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.

Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).

c) Prestación de servizos a empresas en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da hostalaría, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.

3. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

c) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea. A creación de emprego considerarase en unidades UTA. Para estes efectos, considérase (UTA) unha unidade de traballo anual, nos termos previstos no anexo I do Regulamento 651/2014, e equivale ao traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións de UTA. No caso de creación de emprego a tempo parcial, acumularanse as fraccións ata acadar a unidade, e non computarán creacións de emprego por fraccións UTA restantes.

4. O plan de negocio que amose a viabilidade da iniciativa axustarase aos contidos definidos no formulario electrónico de solicitude de axuda, e deberán referirse exclusivamente a unha única actividade, á marxe doutras que poida desenvolver o solicitante. O plan de negocio describirá, como mínimo, os seguintes aspectos:

a) Antecedentes da entidade e/ou promotores.

1º. Capacidade técnica e tecnolóxica: recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, patentes I+D+i, certificacións de calidade e ambientais.

2º. Capacidade comercial: canles de comercialización, mercados, grao de internacionalización, exportacións.

3º. Capacidade económica: principais activos e aspectos máis significativos dos estados financeiros.

b) Proxecto.

1º. Orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto á entidade).

2º. Descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.).

3º. Necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).

4º. Necesidades de medios materiais (descrición dos materiais adquiridos e utilizados).

5º. Necesidades de persoal asociadas ao proxecto.

6º. Fases (calendario de execución) para a realización e para o logro dos obxectivos.

c) Produto e mercado.

1º. Tamaño do mercado, características e competencia.

2º. Análise comercial do produto (cota de mercado e comparación fronte á competencia).

d) Análise económica do proxecto.

1º. Previsións económicas.

2º. Estrutura do financiamento.

3º. Rendibilidade e previsións de tesouraría.

e) Obxectivos para conseguir: realización dos investimentos e gastos necesarios para a execución do proxecto e contratación e/ou mantemento de postos de traballo. Debe incluírse o detalle e desagregación de todas as partidas incluídas para cada un dos conceptos que se recollen no formulario. Con respecto aos gastos de persoal (custos de funcionamento), o dito detalle deberá facerse por mes e traballador de xeito individual.

f) Dependendo da natureza e da magnitude da actuación proxectada, e con maior extensión e concreción en función destes principios, deberá incluírse un capítulo específico sobre problemas relacionados co cambio climático, centrado nas medidas de mitigación e adaptación que se adoptarán. Debe achegarse información sobre:

– Aplicación de medidas orientadas a reducir o consumo de enerxía optando por elementos enerxeticamente máis eficientes: maquinarias, sistemas de calefacción e refrixeración, iluminación, equipamento de oficina.

– Aplicación de medidas orientadas a reducir as emisións: emprego de tecnoloxías de construción máis sustentables; instalación e funcionamento correcto dos equipamentos e dimensionamento adecuado destes; uso de sistemas de xestión de enerxía nos edificios (coxeneración).

– Aplicación de medidas orientadas á redución de utilización, reutilización e reciclaxe de todo tipo de elementos.

Para os efectos de acadar un cálculo preciso do baremo definido no artigo 6.2 destas bases, será necesario que exista coherencia na información económico-financeira achegada no plan de negocio. Neste sentido será preciso que exista coherencia entre:

– A cifra de fondos propios recollida nas previsións económicas (balance) e na epígrafe de estrutura do financiamento.

– As cifras recollidas nas previsións económicas (conta de perdas e ganancias) que supoñan custos de funcionamento (aprovisionamentos, gastos de persoal, outros gastos de explotación e gastos financeiros), e a recollida no concepto custos de funcionamento do punto anterior.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As axudas previstas nestas bases están amparadas no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

4. A subvención aos proxectos estará cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020, prioridade 6, área focal 6A (facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego), medida 06 (desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais), submedida 6.2 (axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais), e están sometidas ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular as establecidas no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014 (DOUE L 227/18, do 31 de xullo de 2014), polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O restante 25 % correspóndese con cofinanciamento nacional, asumindo o 7,5 % a Administración xeral do Estado e o 17,5 % a Xunta de Galicia.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, polo tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que, para o mesmo proxecto ou finalidade, leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e da súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros...).

Coa excepción anterior, as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública coma privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % dos custos subvencionables aprobados.

2. As empresas beneficiarias deberán presentar unha declaración responsable en que manifesten que se comprometen a axustarse ao limiar máximo de 200.000 € de importe máximo de axuda de minimis que poden recibir nun período de tres anos. Estes tres anos deben avaliarse con carácter permanente de tal modo que para cada subvención de axuda de minimis que se conceda a unha empresa en cuestión (como a presente) debe tomarse en consideración o exercicio fiscal en que se conceda a axuda (2022), e os dous exercicios fiscais anteriores.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións ao mesmo proxecto deberáselle comunicar ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase do solicitante unha declaración sobre calquera axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os cales solicita esta subvención e sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

4. Para aqueles beneficiarios que reciban axudas e realicen previamente ou simultaneamente actividades non incluídas no paraugas do Regulamento (UE) 1407/2014 da Comisión, do 18 de febreiro de 2013 (actividades de carácter agrícola ou de transporte por estrada...), deberá atenderse á necesaria distinción entre as axudas de minimis outorgadas para cada tipo de actividade e os seus correspondentes limiares (20.000 e 100.000 euros, respectivamente).

5. O órgano xestor deberá atender a necesaria garantía da distinción das actividades obxecto de financiamento ou separación de sectores de actividade a nivel de custo.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) Os autónomos e as microempresas e pequenas empresas de nova creación (dentro dos 12 meses anteriores á solicitude da axuda). Non se considera que existe nova creación nos supostos de cambio de natureza xurídica (de autónomo a sociedade mercantil unipersoal, por ex.) e se os socios que representen a maioría do capital social viñesen desenvolvendo a mesma actividade por conta propia desde antes dos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.

Segundo a definición que resulta do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, ten a consideración de pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

2. Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as sociedades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño), ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei de subvencións.

Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as persoas físicas ou xurídicas beneficiarias deste mesmo programa en convocatorias anteriores.

Artigo 5. Condicións de admisibilidade

1. Segundo o establecido no PDR de Galicia 2014-2020, a axuda terá carácter de pagamento a tanto global e concederase pola execución dun Plan empresarial ou Plan de negocio, que terá unha duración máxima de 18 meses.

2. Os solicitantes deberán de presentar un plan empresarial ou plan de negocio que mostre a viabilidade da iniciativa. O plan poderá comezar a aplicarse desde o día da solicitude de axuda e como máximo dentro dos nove meses seguintes á data en que se adopte a decisión pola cal se concede a axuda. Deben ser proxectos viables financeiramente e axustarse á normativa sectorial correspondente (comunitaria, estatal e autonómica) e o promotor non debe estar suxeito a situación ou procedemento xurídico e/ou administrativo que o inhabilite para poder optar á subvención.

3. Dependendo da natureza e da magnitude da actuación proxectada, e con maior extensión e concreción en función destes principios, deberá incluírse un capítulo específico sobre problemas relacionados co cambio climático, centrado nas medidas de mitigación e adaptación que se adoptarán.

4. As operacións non deben estar iniciadas na data de presentación da solicitude e deben desenvolverse no ámbito xeográfico das zonas definidas como rurais de Galicia. Ademais, deben ser finalistas e cumprir os obxectivos para os cales foron aprobadas no momento da certificación final, polo que non se admitirán fases de proxectos.

Artigo 6. Intensidade da axuda e criterios de avaliación e selección de proxectos

1. A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica se establece en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 45.000 € nas seguintes situacións:

a) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da axuda: 20.000 €.

b) Localización nunha zona con limitacións naturais ou con outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013 e relacionadas no anexo VI das bases reguladoras: 5.000 €.

2. As solicitudes que cumpran coas condicións necesarias serán avaliadas de acordo co seguinte baremo xeral, cunha base de puntuación de 100 puntos:

a) O sector de actividade a que se dirixe o proxecto (máx. 20 puntos). Aos proxectos dos sectores relacionados no anexo III destas bases asignaránselles 20 puntos; resto de actividades, 0.

b) O valor engadido medio xerado pola actividade económica en que se vai encadrar o proxecto (en función da ratio asignable a cada sector de actividade a 2 díxitos), segundo as táboas indicadas no anexo IV destas bases (máx. 20 puntos).

A puntuación vén dada pola aplicación da seguinte fórmula: (valor engadido medio do sector × 20)/98,34 %, onde 98,34 é o valor máis alto do valor engadido bruto medio por sectores de actividade.

c) Compromiso de creación de emprego (máx. 25 puntos). Outorgaranse 5 puntos pola creación de cada novo emprego –en termos UTA– indefinido por conta allea.

d) Innovación. Outorgaranse 10 puntos aos proxectos ou empresas innovadores. Consideraranse como tales os que obtivesen a cualificación como iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT) por parte do órgano competente da Xunta de Galicia; as empresas certificadas como spin-off das universidades galegas; os proxectos seleccionados para participar nas convocatorias das incubadoras e aceleradoras de innovación promovidas pola Xunta de Galicia ou por outras entidades públicas ou privadas; as empresas inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación; as empresas que dispoñan da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou xove empresa innovadora, respectivamente, as empresas que obtivesen a marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).

e) Economía verde e circular. Outorgaranse ata 10 puntos pola aplicación de medidas concretas, efectivas e cuantificables de redución da pegada de carbono no proceso produtivo, nos aprovisionamentos, na distribución, no consumo enerxético, de auga ou outros insumos e pola redución e valorización dos residuos.

f) Ás entidades de economía social outorgaránselle 5 puntos. Para os efectos destas bases, consideraranse empresas de economía social as cooperativas, sociedades laborais, sociedades agrarias de transformación, empresas de inserción e centros especiais de emprego.

g) Outorgaranse 5 puntos aos proxectos desenvolvidos por emigrantes galegos retornados. Para os efectos destas axudas, consideraranse como tales as persoas que, residindo legalmente fóra de España con nacionalidade española un mínimo de 3 anos inmediatamente anteriores ao retorno, establecesen a súa residencia na Comunidade Autónoma galega a partir do 1 de xaneiro de 2021 e sexan persoas galegas e nacidas en Galicia ou descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

h) Outorgaranse 5 puntos ás empresas que implanten un plan de igualdade e que o rexistren no Rexcon. Para estes efectos, a solicitante deberá comprometerse á implantación e rexistro dentro do prazo de 18 meses de desenvolvemento do plan de empresa mediante declaración expresa no cuestionario de solicitude.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No dito formulario realizaranse as seguintes declaracións:

a) Que a entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de lle comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que a entidade solicitante cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, cando proceda.

c) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

d) Que a entidade solicitante cumpre cos criterios de definición de pequena empresa, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.

e) Que a entidade solicitante non iniciou os investimentos e gastos do plan de empresa.

f) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá o emprego creado durante o período de 3 anos segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras.

g) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos elixibles durante polo menos un período de cinco anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos e/ou investimentos da operación.

h) Declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os cales se solicita esta subvención.

i) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

2. A solicitude será presentada obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento. Queda acreditado que todos os solicitantes, sexan persoas físicas ou xurídicas, dispoñen dos medios electrónicos e dos coñecementos para realizar a tramitación electrónica, polo feito de que todos os solicitantes exerzan ou prevexan exercer unha actividade económica e que deben achegar coa solicitude declaración sobre a súa capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o/a asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do/da solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma
@firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación:
http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado en formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase anotarase unha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación, o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no cal quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Para todas as solicitudes:

1º. Certificado de vida laboral na data de solicitude de axuda dos promotores (persoas físicas) e, no caso de sociedades, de todos os socios.

2º. Informe de vida laboral na data da solicitude de todas as contas de cotización.

b) Para sociedades:

1º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, e modificacións posteriores, de ser o caso, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

c) Para membros de unidades familiares dunha explotación agrícola:

1º. Acreditación da inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

2º. Acreditación da cualificación de explotación agraria prioritaria.

3º. Acreditación do grao de parentesco co titular da explotación.

d) No caso de que soliciten a valoración dos criterios d) (innovación) e g) (emigrante galego/a retornado/a) do anterior artigo 6.2, deberán achegar os documentos acreditativos do cumprimento das condicións.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Informes de vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento e da creación do emprego.

f) Documentación depositada no Rexistro Mercantil, segundo o artigo 8.1 das bases.

g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Consulta de concesións doutras subvencións e axudas.

i) Consulta de concesións pola regra de minimis.

j) Certificado da AEAT de altas e baixas no imposto de actividades económicas (IAE).

k) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

l) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

m) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo de internet http://www.tramita.igape.es

Artigo 11. Órganos competentes

A Área de Competitividade será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención e correspóndelle, por delegación do Consello de Dirección do Igape, ao titular da Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica ditar a resolución que poña fin ao procedemento administrativo.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador, composto por tres membros de entre o persoal técnico da Área de Competitividade: o/a subdirector/a da oficina Galicia Emprende, que actuará como presidente, un/unha secretario/a con voz e voto e un/unha vogal. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda realizaranse mediante publicación na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada.

3. As solicitudes serán avaliadas polo órgano avaliador, quen elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, en aplicación dos criterios de avaliación establecidos no artigo 6.2 destas bases.

4. No caso de empate nas puntuacións, para desempatar terase en conta a maior puntuación obtida en cada criterio do artigo 6.2 por esa orde. No caso de persistir o empate, terase en conta o número de expediente, que se outorgará segundo a data de presentación da solicitude.

5. Tras a baremación, o órgano avaliador considerará unicamente as solicitudes que acadaran 30 puntos.

Artigo 13. Resolución

1. A Área de Competitividade ditará proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas. A continuación, elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os interesados poderán descargar a súa resolución individual introducindo o seu NIF e o código IDE no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitiva»
http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). En todo caso, na dita resolución individual de concesión deberán establecerse as condicións da axuda, na cal deben figurar como mínimo os seguintes aspectos:

a) Que a axuda está cofinanciada con Fondos Feader de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), o que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento. En particular, indicarase que se encadra no PDR segundo segue:

– Prioridade 6, área focal 6A: facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

– Medida 06: desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.2: axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.

b) Os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda.

c) O plan financeiro e o calendario de execución.

d) As condicións relativas á creación e mantemento do emprego.

e) Indicación das obrigas de información e publicidade que deberá cumprir nos termos previstos na Estratexia de información e publicidade PDR 2014-2020 de Galicia.

3. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático).

4. Nas resolucións denegatorias de axuda farase constar o motivo da denegación.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

Artigo 14. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que de acordo co establecido nestas bases reguladoras se produza o acto presunto.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión poderán solicitarse modificacións dos postos de traballo que se vai crear e localización do proxecto segundo o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, que poderán admitirse dentro dos límites xerais establecidos nestas bases.

2. Se os cambios nas condicións do proxecto solicitados supoñen unha modificación da puntuación outorgada de xeito que non acade a puntuación de corte para obter subvención determinada para esta convocatoria, procederá o inicio dun expediente de incumprimento total de condicións, que poderá finalizar coa revogación da axuda concedida.

3. A solicitude de modificación deberá presentarse antes do vencemento do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, e será denegada calquera solicitude presentada fóra deste prazo.

4. O beneficiario deberá solicitar a modificación tramitando o formulario sinalado no artigo 7 e presentando a súa instancia dirixida á Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento do establecido no plan de negocio.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poida realizar a autoridade de xestión, os avaliadores designados ou outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas, facilitando toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, segundo o previsto no artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello e o previsto no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e a modificación realizada a este, polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, durante polo menos un período de cinco anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos e/ou investimentos da operación. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.

c) Comunicarlle ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas públicas ou privadas, supere o 100 % dos custos subvencionables aprobados.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos e investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos e investimentos financiados con fondos Feader, de acordo co artigo 66 do Regulamento (UE) 1305/2013.

e) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feader segundo o establecido no anexo V a estas bases.

f) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

g) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Debe establecerse de forma expresa o limiar de axudas concedidas con cargo a este réxime de minimis, que será un total de 200.000 euros en tres anos.

Debe atenderse a regras de cómputo deste limiar previstas no propio Regulamento (UE) 1407/2013 e establecer de forma expresa que os tres anos se computarán e se avaliarán de forma permanente de tal modo que, para cada nova concesión dunha axuda de minimis, deba tomarse en consideración o importe total das axudas de minimis concedidas no exercicio fiscal en cuestión e durante os dous exercicios fiscais anteriores.

i) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter a actividade durante polo menos 3 anos.

j) Crear o emprego comprometido na solicitude de axuda e mantelo durante, polo menos, 3 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

Artigo 17. Xustificación da subvención

1. Para o cobramento da subvención concedida, o beneficiario, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es

Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática
https://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, o beneficiario deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de dez días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento correspondente ao pagamento final, o beneficiario da axuda presentará:

a) Copia da comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

b) A copia –que permita a súa lectura– de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 16. d) destas bases, e conforme o seu anexo V.

c) No caso de creación de emprego indefinido por conta allea, copia dos contratos de traballo formalizados e rexistrados no SEPE e certificados de vida laboral da empresa no día de solicitude de axuda e na data límite de execución do proxecto aprobado.

d) No caso de que se valorarase a implantación do plan de igualdade, copia do plan e acreditación do seu rexistro no Rexcon.

e) Memoria de execución e resultados do proxecto, que deberá cubrirse no formulario electrónico de liquidación, onde se reflictan con suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas, os obxectivos acadados postos en relación co plan de negocio descrito na solicitude (artigo 1.4) e situación do solicitante logo de realizado o proxecto.

f) Declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os cales se concedeu esta subvención, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

g) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación achegada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 7 para a presentación da documentación complementaria á solicitude. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

6. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario se opoña expresamente a que o Igape solicite as certificacións ou non autorice a consulta, deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento, que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, de ser o caso, das cantidades previamente aboadas.

8. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 15 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Aboamento das axudas

1. A axuda aboarase en dúas cotas: unha primeira, correspondente a un 60 % do importe da axuda, cando se acredite o inicio das actuacións incluídas no plan empresarial, que deberá solicitarse no prazo máximo indicado na resolución de convocatoria. Xunto coa solicitude de pagamento, presentarase a correspondente acreditación do inicio de actividades. O importe restante aboarase cando se comprobe a correcta execución do plan de negocio, logo de solicitude dentro do prazo límite establecido na resolución de concesión.

O plan poderá comezar a aplicarse desde o día da solicitude de axuda e como máximo ata a data de fin de execución indicada na resolución de concesión da axuda.

2. O inicio das actuacións acreditarase mediante declaración responsable do representante legal sobre o dito feito, acompañada segundo proceda de:

a) Documento acreditativo de alta no réxime da Seguridade Social que corresponda, só no caso de opoñerse expresamente á súa consulta.

b) Documento acreditativo de alta no epígrafe do imposto sobre actividades económicas que corresponda, só no caso de opoñerse expresamente á súa consulta.

3. O pagamento da primeira cota será obxecto de resolución motivada polo órgano concedente da subvención.

4. No caso de que non se acredite o inicio de actuacións no prazo establecido no artigo 5.2 ou a acreditación fose incorrecta, requirirase ao beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de dez días. A falta de presentación da acreditación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total.

5. Exímense os/as beneficiarios/as da obriga de constituír garantías, logo da súa autorización polo Consello da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que regulamenta a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Non lle comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas públicas ou privadas que financien as actividades subvencionadas.

b) Non lle comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, excepto o permitido no artigo 17.8.

c) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 16.d) destas bases.

d) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

e) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

f) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, concretamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Consello.

g) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes ao compromiso de creación de emprego, rebaremarase o proxecto. No caso de que a puntuación final quede por debaixo da nota de corte ou da mínima establecida no artigo 6.2, significará a perda total da subvención concedida. No caso de que o incumprimento afecte a creación de emprego adicional ao correspondente aos socios, de xeito que comporte a perda do dereito a percibir a contía adicional de 20.000 euros prevista no artigo 6.1.a), procederá o reintegro desta contía máis os xuros de mora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

5. No período de mantemento da actividade e do emprego procederá á rebaremación e, se é o caso, a incoación dun procedemento de reintegro nos supostos e co alcance que se indican a continuación:

a) Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 16.d) destas bases, suporá o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

b) Se o incumprimento atinxe ao mantemento da actividade ou da localización, rebaremarase o proxecto proporcionalmente ao tempo de incumprimento. No caso de que a puntuación final quede por debaixo da nota de corte ou da mínima establecida no artigo 6.2, significará a perda total da subvención concedida.

c) Se o incumprimento atinxe ao mantemento de emprego, rebaremarase o proxecto proporcionalmente ao tempo de incumprimento. No caso de que a puntuación final quede por debaixo da nota de corte ou da mínima establecida no artigo 6.2, significará a perda total da subvención concedida. No caso de que o incumprimento afecte o mantemento de emprego adicional ao correspondente aos socios, de xeito que comporte a perda do dereito a percibir a contía adicional de 20.000 euros recollida no artigo 6.1.a), procederá o reintegro desta contía máis os xuros de mora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

Artigo 20. Réxime sancionador

Os beneficiarios das axudas, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto nos títulos IV da LSG e VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tamén estará suxeitos á normativa comunitaria en materia de sancións: Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade; Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e a modificación realizada a este, polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

Artigo 21. Comprobación de subvencións

1. O órgano concedente comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

2. Todas as operacións de investimento incluirán unha visita in situ para comprobar o remate do proxecto obxecto da solicitude de pagamento, en cumprimento do artigo 48 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013. Os gastos e os investimentos realizados deben coincidir cos obxectivos establecidos no plan de negocio.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o establecido nas seguintes letras:

a) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

c) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión, ao Feader e ao Femp, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión e ao Femp.

f) Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, de axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

g) Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común.

h) Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014 (DOUE L 227/18, do 31 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

i) Regulamento (UE) de execución 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema de seguridade e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

j) Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

k) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos e Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade no ámbito da Administración electrónica.

l) En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Sectores prioritarios

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

1. Sector de automoción, agás talleres de reparación de vehículos.

2. Industria téxtil/moda (confección e complementos), agás o que se refira ao sector das fibras sintéticas, tal como o define o anexo III das Directrices comunitarias sobre axudas de estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08), DOUE do 4 de marzo de 2006.

3. Industria aeronáutica/aeroespacial e auxiliar.

4. Sector químico e industria farmacéutica.

5. Biotecnoloxía, biomecánica, novos materiais, ecoindustria

6. Fabricación de equipamentos ambientais.

7. Fabricación de equipamentos e sistemas para instalacións de enerxías renovables.

8. Eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.

9. Servizos e desenvolvemento de software.

10. Industria da pedra natural.

11. Industria da saúde.

12. Industrias creativas.

13. Servizos de atención a persoas maiores, a persoas discapacitadas e á infancia.

ANEXO IV

Táboa con datos do valor engadido bruto medio por sectores de actividade

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades

non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola

de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Co fin de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma e contribuír á xeración de riqueza e permitir o desenvolvemento dunha economía máis equilibrada e competitiva, prímanse as actividades económicas de maior peso na economía rexional da Comunidade Autónoma.

A táboa que segue recolle o valor engadido bruto das actividades económicas segundo os seus CNAE desagregado a nivel de dous díxitos. Aplicarase unicamente para os efectos de baremo sobre aquelas actividades que sexan apoiables segundo o definido no artigo 1 destas bases, á marxe de que, pola súa propia definición, se inclúen nalgunha epígrafe actividades non elixibles.

Sectores de actividade

VEB

Sectores de actividade

VEB

01.61, 01.62 e 01.63 Servizos relacionados coa agricultura e gandaría

19,49 %

51 Transporte aéreo

38,24 %

02 Silvicultura e explotación forestal

28,88 %

52 Almacenamento e actividades anexas ao transporte

38,43 %

07 Extracción de minerais metálicos

41,91 %

53 Actividades postais e de correos

31,21 %

08 Outras industrias extractivas

44,13 %

55 Servizos de aloxamento

49,58 %

09 Actividades de apoio ás industrias extractivas

86,39 %

56 Servizos de comidas e bebidas

37,46 %

10 Industria da alimentación

12,79 %

58 Edición

43,13 %

11 Fabricación de bebidas

28,59 %

59 Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión; gravación de son e edición musical

63,07 %

13 Industria téxtil

35,66 %

60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión

-14,42 %

14 Confección de pezas de vestir

19,38 %

61 Telecomunicacións

52,26 %

15 Industria do coiro e do calzado

35,37 %

62 Programación; consultoría e outras actividades relacionadas coa informática

63,30 %

16 Industria da madeira e da cortiza; excepto mobles; cestaría e espartaría

25,82 %

63 Servizos de información

56,59 %

17 Industria do papel

19,58 %

64 Servizos financeiros, excepto seguros e fondos de pensións

75,36 %

18 Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

38,31 %

65 Seguros; reaseguros e fondos de pensións, excepto Seguridade Social obrigatoria

45,35 %

20 Industria química

17,98 %

66 Actividades auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros

76,36 %

21 Fabricación de produtos farmacéuticos

56,43 %

68 Actividades inmobiliarias

58,26 %

22 Fabricación de produtos de caucho e plásticos

26,41 %

69 Actividades xurídicas e de contabilidade

85,19 %

23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

30,11 %

70 Actividades das sedes centrais; actividades de consultoría de xestión empresarial

85,01 %

24 Metalurxia; fabricación de produtos de ferro; aceiro e ferroaliaxes

13,65 %

71 Servizos técnicos de arquitectura e enxeñaría; ensaios e análises técnicas

57,28 %

25 Fabricación de produtos metálicos, excepto maquinaria e equipamento

33,41 %

72 Investigación e desenvolvemento

69,93 %

26 Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos

36,72 %

73 Publicidade e estudos de mercado

31,25 %

27 Fabricación de material e equipamento eléctrico

23,81 %

74 Outras actividades profesionais, científicas e técnicas

98,34 %

28 Fabricación de maquinaria e equipo n.c.n.p.

39,86 %

75 Actividades veterinarias

30,32 %

29 Fabricación de vehículos de motor; remolques e semirremolques

16,90 %

77 Actividades de alugamento

50,63 %

30 Fabricación doutro material de transporte

31,74 %

78 Actividades relacionadas co emprego

94,87 %

31 Fabricación de mobles

35,80 %

79 Actividades de axencias de viaxes; operadores turísticos; servizos de reservas e actividades relacionadas con eles

15,65 %

32 Outras industrias manufactureiras

33,10 %

80 Actividades de seguridade e investigación

67,85 %

33 Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

39,60 %

81 Servizos a edificios e actividades de xardinaría

74,71 %

35 Subministración de enerxía eléctrica; gas; vapor e aire acondicionado

54,79 %

82 Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares ás empresas

68,75 %

36 Captación, depuración e distribución de auga

52,43 %

85 Educación

54,41 %

37 Recollida e tratamento de augas residuais

44,65 %

86 Actividades sanitarias

73,11 %

38 Recollida, tratamento e eliminación de residuos; valorización

23,07 %

87 Asistencia en establecementos residenciais

51,63 %

39 Actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos

39,30 %

88 Actividades de servizos sociais sen aloxamento

71,93 %

41 Construción de edificios

25,84 %

90 Actividades de creación, artísticas e espectáculos

86,74 %

42 Enxeñaría civil

32,59 %

91 Actividades de bibliotecas; arquivos; museos e outras actividades culturais

40,49 %

43 Actividades de construción especializada

38,45 %

92 Actividades de xogos de azar e apostas

81,29 %

45 Venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas

17,10 %

93 Actividades deportivas, recreativas e de entretemento

35,57 %

46 Comercio por xunto e intermediarios do comercio, excepto de vehículos de motor e motocicletas

17,80 %

94 Actividades asociativas

73,28 %

47 Comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas

23,02 %

95 Reparación de ordenadores; efectos persoais e artigos de uso doméstico

61,24 %

49 Transporte terrestre e por tubaxe

36,96 %

96 Outros servizos persoais

44,89 %

50 Transporte marítimo e por vías navegables interiores

36,81 %

99 Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais

53,09 %

ANEXO V

Requisitos de comunicación do financiamento público

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Obrigas do beneficiario.

En todas as actividades de información, publicidade e comunicación que leve a cabo o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader á operación financiada mostrando o emblema da Unión e unha referencia á axuda do Feader.

En concreto, os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:

1. Cando o beneficiario dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír nun lugar visible deste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

2. No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 €, deberase colocar polo menos, un cartel ou unha placa, con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión, nun lugar visible, e nas condicións e cos requisitos especificados seguidamente:

O emblema da Unión Europea e a denominación do fondo, conxuntamente co lema, ademais da descrición do proxecto ou operación, deberán ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

missing image file

Dimensións

Cartel

Placa

Dimensións mínimas (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

130 cm

-

Cores e tipo de letra

Cor branco fondo

Branco

Cor fondo 1

Gris

Cor fondo 2

Ciano 100 %

Cor fondo 3

Negro

Tipo de letra

Rafale

Tipo de letra Feader e lema

News Gothic

Cor letra 1

Negro

Cor letra 2

Branco

As condicións e as características dos logotipos e lema poderán consultarse no anexo I da Estratexia de información e publicidade PDR 2014_2020 de Galicia, dispoñible no enderezo http://www.igape.es/gl/que-e-o-igape/documentacion

Cando o investimento financiado afecte un edificio, maquinaria ou similar, utilizaranse preferentemente placas. Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), e non será admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

Cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben en que, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha situación adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por un adhesivo ou impresión en que, polo menos, figure a bandeira da UE, o fondo e o lema.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

3. Cando a operación financiada se corresponda con publicacións (folletos, prospectos, libros ou catálogos), informes, estudos, etc., deberase incluír a información e elementos que se indican a seguir:

As publicacións que versen sobre operacións e actividades cofinanciadas polo Feader incluirán na páxina de portada os logotipos e lema nas condicións e características indicadas no anexo I da Estratexia de información e publicidade PDR 2014_2020 de Galicia, dispoñible no enderezo http://www.igape.es/gl/que-e-o-igape/documentacion

As publicacións incluirán referencias ao organismo responsable do contido e á autoridade de xestión do PDR 2014_2020 de Galicia (Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural).

ANEXO VI

Zona con limitacións naturais ou con outras limitacións específicas

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades
non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola
de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

missing image file
missing image file

ANEXO VII

Parroquias non admisibles segundo o grao de urbanización
(código 1, grao de urbanización ZDP)

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades
non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola
de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Código

Parroquia

Provincia

Código do concello

Concello

150171100

Temple (O) (Santa María)

15

15017

15017 Cambre

150300001

Coruña (A)

15

15030

15030 Coruña, A

150300200

Oza (Santa María de)

15

15030

15030 Coruña, A

150300400

Viñas (San Cristovo das)

15

15030

15030 Coruña, A

150300500

Visma (San Pedro de)

15

15030

15030 Coruña, A

150310100

Almeiras (San Xián)

15

15031

15031 Culleredo

150310200

Burgo (O) (Santiago)

15

15031

15031 Culleredo

150310800

Rutis (Santa María)

15

15031

15031 Culleredo

150360001

Ferrol

15

15036

15036 Ferrol

150361200

Trasancos (Santa Icía)

15

15036

15036 Ferrol

150540001

Narón

15

15054

15054 Narón

150580800

Perillo (Santa Leocadia)

15

15058

15058 Oleiros

150780001

Santiago de Compostela

15

15078

15078 Santiago de Compostela

150782100

Santiago (San Caetano)

15

15078

15078 Santiago de Compostela

150782300

Santiago (San Lázaro)

15

15078

15078 Santiago de Compostela

150782500

Santiago (San Xoán de Fóra)

15

15078

15078 Santiago de Compostela

270280001

Lugo

27

27028

27028 Lugo

320080600

Valenzá (A) (San Bernabé)

32

32008

32008 Barbadás

320540001

Ourense

32

32054

32054 Ourense

320540800

Montealegre (A Milagrosa)

32

32054

32054 Ourense

320542000

Vista Fermosa (San Xosé)

32

32054

32054 Ourense

360380001

Pontevedra

36

36038

36038 Pontevedra

360380900

Lérez

36

36038

36038 Pontevedra

360381200

Mourente

36

36038

36038 Pontevedra

360381500

Salcedo

36

36038

36038 Pontevedra

360381800

Virxe do Camiño (A)

36

36038

36038 Pontevedra

360410300

Poio (San Salvador P.)

36

36041

36041 Poio

360570002

Vigo

36

36057

36057 Vigo

360570100

Alcabre

36

36057

36057 Vigo

360570600

Candeán

36

36057

36057 Vigo

360570700

Castrelos

36

36057

36057 Vigo

360570900

Comesaña

36

36057

36057 Vigo

360571300

Freixeiro

36

36057

36057 Vigo

360571400

Lavadores

36

36057

36057 Vigo

360571600

Navia

36

36057

36057 Vigo

360572500

Sárdoma

36

36057

36057 Vigo