Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65753

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establece a compensación económica aos colexios de avogados polas actuacións dos seus colexiados no ámbito da asistencia xurídica gratuíta durante o cuarto trimestre de 2021 e o primeiro, segundo e terceiro trimestres de 2022.

O artigo 24 da nosa Constitución garántelles o dereito fundamental a obteren a tutela efectiva dos xuíces e tribunais a todas as persoas no exercicio dos seus dereitos e intereses lexítimos, e así mesmo á defensa e á asistencia de letrado. Este dereito fundamental compleméntase co disposto no artigo 119 da Carta Magna, onde se establece que a xustiza será gratuíta cando así o dispoña a lei e, en todo caso, respecto de quen acredite insuficiencia de recursos para litigar.

Coa entrada en vigor da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, esta materia foi obxecto dunha fonda reforma e como consecuencia do Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, polo que lle foron transferidas pola Administración do Estado a Galicia os medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza, entre os cales se atopa o aboamento da compensación económica aos colexios de avogados e de procuradores dos tribunais polas actuacións dos seus colexiados no ámbito da asistencia xurídica gratuíta, a Comunidade Autónoma galega realizou o desenvolvemento normativo da dita Lei 1/1996, nun primeiro momento a través do Decreto 146/1997 e posteriormente, coa pertinente reforma deste para a súa necesaria adaptación ao contexto actual, mediante o vixente Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, modificado polo Decreto 138/2012, do 21 de xuño, e mais polo Decreto 134/2017, do 7 de decembro.

Por outra banda, con data do 23 de decembro de 2021 deuse conta ao Consello da Xunta de Galicia do Acordo alcanzado co Consello da Avogacía Galega para establecer o baremo da compensación económica da asistencia xurídica gratuíta destes profesionais, cun ámbito temporal que abrangue desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2025.

Así mesmo, a Orde do 2 de agosto de 2012 desenvolve a regulación das certificacións e xustificacións trimestrais establecidas no Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Durante o cuarto trimestre do ano 2021, e durante o primeiro, segundo e terceiro trimestres de 2022, as cantidades do baremo da compensación económica da asistencia xurídica gratuíta serán as especificadas no anexo da presente orde.

Estas cantidades deberán ser certificadas trimestralmente polos colexios de avogados, seguindo estritamente a ordenación de tipoloxías recollidas no modelo que figura no anexo da presente orde, de acordo cos artigos 38.3 e 44 do Decreto 269/2008 polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, e tendo en conta o disposto nos puntos primeiro, segundo e terceiro da Orde do 2 de agosto de 2012.

Segundo. Os avogados percibirán o 100 % da compensación económica correspondente á súa actuación profesional cando acrediten a realización dalgún dos seguintes trámites procesuais:

a) Intervención profesional en materia de asistencia letrada ao detido ou preso, unha vez finalizada esta e tras presentar o avogado o parte selado polo órgano xudicial ou policial onde se levou a cabo a asistencia e no cal se recollan os seguintes datos, como mínimo:

– Nome e número de colexiado do avogado.

– Nome e DNI do asistido ou asistidos. No caso de estranxeiros, número de pasaporte ou de tarxeta de residencia.

– Motivo polo cal o asiste e, se for o caso, da detención, e número de dilixencias policiais ou xudiciais.

Cando o colexio de avogados teña establecida unha quenda de garda, pagarase unha única compensación por cada quenda de garda. Se o número de asistencias realizadas a persoas diferentes é superior a cinco dentro dunha mesma garda, o avogado percibirá unha compensación equivalente ao dobre do módulo establecido, sexa cal sexa o número de asistencias realizadas.

b) Nos procesos penais, a presentación da copia da dilixencia ou solicitude da actuación procesual en que interveña o letrado, ou a apertura do xuízo oral.

c) Nos procesos civís, a presentación da copia da resolución xudicial de admisión da demanda ou de ter por formulada a contestación desta.

d) Nos demais procesos, a presentación da copia da dilixencia xudicial acreditativa da intervención do avogado.

e) Nas apelacións civís, a presentación da copia da resolución xudicial pola que se admite a trámite o recurso ou, se procede, a comparecencia ante a sala.

f) Nas apelacións penais, a presentación da copia da resolución xudicial en que se teña por formalizado ou impugnado o recurso ou o sinalamento para a vista.

g) Nos recursos de casación formalizados, a presentación da copia da resolución xudicial pola que se teña por interposto o recurso.

h) Nos anuncios de recurso de casación que non chegan a ser formalizados, a presentación da copia do anuncio do recurso, debidamente xustificada.

i) Nas transaccións extraxudiciais e informe de insostibilidade da pretensión, a presentación do documento de transacción subscrito polos interesados ou do informe da insostibilidade dirixido ao colexio.

j) Nas desistencias extraxudiciais por pasividade do interesado, a presentación de xustificación escrita do letrado.

k) Nas execucións de sentenzas que se produzan transcorridos máis de dous anos despois de ditada a resolución xudicial, a presentación da copia de petición de execución, debidamente acreditada.

Os documentos referidos poderán ser substituídos por copia selada polo órgano xudicial da primeira folla do escrito presentado.

Terceiro. En cumprimento do establecido no artigo 44.1 do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, e do disposto na Orde do 2 de agosto de 2012, dentro do mes natural seguinte ao da finalización de cada trimestre o colexio de avogados remitiralle á Dirección Xeral de Xustiza unha certificación que conteña os datos relativos ás actuacións realizadas polos profesionais durante ese período nas cales exista recoñecemento expreso do dereito á asistencia xurídica gratuíta, así como a relación desagregada a que fai referencia a Orde do 2 de agosto de 2012.

Cuarto. En cumprimento do establecido no artigo 48 do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, e segundo o disposto na Orde do 2 de agosto de 2012, os colexios de avogados deberán remitir a xustificación trimestral dos fondos percibidos a que se refire o artigo 47 do dito Decreto 269/2008.

Quinto. Cando un procedemento xudicial teña carácter excepcional e extraordinario, no cal a actuación do avogado supere notablemente a carga de traballo que se pode considerar ordinaria para cada tipo de procedemento, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o correspondente colexio de avogados poderán formalizar un convenio cuxa finalidade sexa articular os medios técnicos, materiais, humanos ou económicos precisos para facer posible en óptimas condicións a defensa xurídica de quen teña recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, de modo que se garanta a tutela xudicial efectiva de acordo co establecido no artigo 24 da Constitución española.

Disposición adicional

A presente orde tramítase ao abeiro do disposto na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto (modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001), e a súa eficacia queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito suficiente para financiar as obrigas derivadas dela.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

Módulos e bases da indemnización pola prestación do servizo

Baremos para o cuarto trimestre do ano 2021 e o primeiro, segundo e terceiro trimestres de 2022

Avogados/tipoloxía

Asistencia ao detido ou preso.

Código

Denominación

Módulo

101

Asistencia individualizada, incluída a presenza inmediata solicitada polo detido ou preso sen declaración posterior, por requirimento xudicial ou do centro de detención

122,46 €

Xurisdición penal.

Código

Denominación

Módulo

201

Procedemento ante o tribunal do xurado

521,27 €

202

Asistencia diaria á vista ante o tribunal do xurado a partir do segundo día

124,02 €

203

Procedemento ordinario por delito

495,06 €

204

Procedemento abreviado de especial complexidade (causa de máis de 1.000 folios)

495,06 €

206

Procedemento penal abreviado

382,95 €

207

Procedemento de axuizamento rápido de delitos sen conformidade

388,03 €

208

Procedemento de axuizamento rápido de delitos con conformidade

257,01 €

209

Procedemento para o xuízo sobre delito leve

161,83 €

2010

Menores. Proceso terminado con sentenza

262,55 €

2011

Menores. Proceso con outras formas de terminación

187,54 €

2012

Recurso ante o xulgado de vixilancia penitenciaria con intervención preceptiva ou designación de avogado por requirimento xudicial, conforme o artigo 21 da Lei de asistencia xurídica gratuíta

174,87 €

2015

Recursos de apelación de sentenzas e autos finais ou admitidos en ambos os efectos. Proceso por delito

174,87 €

2016

Recursos de apelación. Procedemento sobre delitos leves

135,61 €

2017

Defensa xurídica inmediata da muller en dilixencias policiais, aínda que non presente denuncia, e procedementos administrativos que traian causa directa ou indirecta da violencia de xénero

122,46 €

2018

Comparecencia xudicial da orde de protección

122,46 €

2019

Por cada beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta adicional no mesmo procedemento, a partir de tres investigados

10 %(1)

2020

Saídas para entradas e rexistros domiciliarios

20,00 €

Xurisdición civil.

Código

Denominación

Módulo

301

Procedemento ordinario

375,08 €

302

Xuízo verbal

250,05 €

303

Proceso contencioso de familia completo

388,03 €

304

Proceso de familia de mutuo acordo

250,05 €

305

Medidas provisionais previas e coetáneas en procesos de familia

115,95 €

306

Modificación de medidas definitivas en procesos de familia

375,32 €

307

Proceso sobre filiación ou sobre a adopción de medidas xudiciais de apoio a persoas con discapacidade, agás os internamentos do artigo 763 da Lei de axuizamento civil

292,93 €

308

Monitorio

124,02 €

309

Actuación nun proceso como contador partidor

271,22 €

3010

Proceso de división xudicial de patrimonios

250,05 €

3011

Execucións de títulos xudiciais con oposición(2) e as posteriores a dous anos

197,04 €

3012

Cambiario e execución de títulos non xudiciais

187,54 €

3013

Expedientes de xurisdición voluntaria e internamento non voluntario por razón de trastorno psíquico

187,54 €

3014

Recursos de apelación de sentenzas e autos finais ou admitidos en ambos os efectos

174,87 €

3015

Ampliación da demanda en execucións de familia (máximo 1 por ano)

30 %(3)

Xurisdición contencioso-administrativa.

Código

Denominación

Módulo

401

Recurso contencioso-administrativo. Procedemento ordinario

375,08 €

402

Recurso contencioso-administrativo. Procedemento abreviado

250,05 €

403

Vía administrativa (estranxeiría e asilo)

124,02 €

404

Recursos de apelación de sentenzas e autos finais ou admitidos en ambos os efectos

174,87 €

405

Entrada en domicilio

116,96 €

Xurisdición social.

Código

Denominación

Módulo

501

Procesos da xurisdición social (ordinarios e especiais)

289,76 €

502

Recursos de suplicación

174,87 €

Xurisdición militar.

Código

Denominación

Módulo

601

Proceso íntegro

234,42 €

Recursos de casación e amparo.

Código

Denominación

Módulo

701

Recurso de casación

375,08 €

702

Recurso de casación cando non se formaliza e hai só anuncio

114,44 €

703

Recurso de amparo

375,08 €

Actuacións extraprocesuais.

Código

Denominación

Módulo

801

Transaccións extraxudiciais

75 %(4)

802

Informe motivado da insostibilidade da pretensión

83,19 €

803

Desistencia previa ao proceso por pasividade da persoa axuizable, estudo e preparación do asunto previos á presentación da demanda

30 %(4)

Normas xerais.

Código

Denominación

Módulo

901

Achantamento

30 %(4)

902

Execución de sentenza posterior aos dous anos de ditada a resolución xudicial, agás na xurisdición civil

30 %(4)

903

Saídas a centros de prisión e centros de internamento de menores en réxime pechado (máximo de dúas saídas por proceso)

31,26 €

904

Desprazamentos para a asistencia a xuízo oral (avogados con despacho oficial nun partido xudicial distinto ao da sede do xulgado do penal ou da audiencia provincial)

44,85 €

905

Medidas cautelares e dilixencias preliminares

104,36 €

906

Reconvención

124,02 €

(1) Sobre o módulo do procedemento, ata o límite do 50 % do dito módulo.

(2) Para execucións con oposición presentadas con data posterior ao 1 de outubro de 2021.

(3) Sobre o módulo da execución.

(4) Sobre o módulo aplicable ao procedemento.