Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65750

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021 pola que se concede a renovación da acreditación do Comité de Ética da Investigación con medicamentos de Galicia (CEIm-G) e se procede ao nomeamento dos seus membros.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, ten por obxecto determinar os fins, obxectivos, funcionamento, composición e procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación, como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.

En aplicación deste decreto, ditouse a Resolución do 17 de setembro de 2013 pola que se concedía a acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e se procedía ao nomeamento dos seus membros.

Non obstante, con posterioridade, publicouse o Real decreto 1090/2015, do 4 de decembro, polo que se regulan os ensaios clínicos con medicamentos, os comités de ética da investigación con medicamentos e o Rexistro Español de Estudos Clínicos, o cal define «Comité de Ética da Investigación con medicamentos» (en diante, CEIm) como o Comité de Ética da Investigación que ademais está acreditado de acordo cos termos deste real decreto para emitir un ditame nun estudo clínico con medicamentos e nunha investigación clínica con produtos sanitarios.

Tendo en conta este real decreto, solicitouse a renovación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia como Comité de Ética da Investigación con medicamentos de Galicia (CEIm-G) e o nomeamento dos seus membros, que se concedeu mediante Resolución do 5 de decembro de 2017 (DOG núm. 235, do 13 de decembro) para un período de catro anos.

Transcorrido o tempo, o xerente do Servizo Galego de Saúde solicitou a renovación da acreditación e, unha vez examinada a documentación remitida xunto coa solicitude, compróbase que esta se axusta ao disposto no Decreto 63/2013, do 11 de abril, así como o disposto no capítulo IV do Real decreto 1090/2015, do 4 de decembro, de modo que o equipo inspector da Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios emite informe favorable o 3 de decembro de 2021 e o secretario xeral técnico desta consellería efectuou, con base no disposto no artigo 11.7 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, unha proposta favorable para a renovación da acreditación do CEIm-G.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto nos números 4 e 6 do artigo 5, e nos números 1, 8 e 9 do artigo 11, do Decreto 63/2013, do 11 de abril, e de acordo coa proposta efectuada pola Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a renovación da acreditación do Comité de Ética da Investigación con medicamentos de Galicia (CEIm-G), a cal se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data da presente resolución.

Segundo. Nomear como membros do CEIm-G as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Composición do Comité Autonómico de Ética da Investigación con medicamentos de Galicia:

Vicepresidenta:

– Irene Zarra Ferro

Vicesecretaria:

– Martina Lema Oreiro

Vogais:

– Rosendo Bugarín González

– Juan Casariego Rosón

– Nuria Carballeda Feijóo

– Juan Fernando Cueva Bañuelos

– Juana Cruz del Río

– José Álvaro Fernández Rial

– José Luis Fernández Trisac

– María José Ferreira Díaz

– Rafael Millán Calenti

– Agustín Pía Morandeira

– Jorge Prado Casal

– Carmen Rodríguez-Tenreiro Sánchez

– Diego Santos García

– Juan Manuel Vázquez Lago

– Asunción Verdejo González