Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65798

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS508C).

A Consellería de Política Social convocou, para o ano 2021, a través da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior (Diario Oficial de Galicia número 61, do 31 de marzo).

O artigo 17 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse o día 8 de novembro de 2021.

Así mesmo, nos números 2 e 3 do dito artigo 17 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida en relación ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais beneficiarias, respectivamente.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 17.5 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste artigo. No dito artigo establece que a falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, emitido polo órgano administrativo competente para a instrución do procedemento con data do 20 de decembro de 2021, coa relación de entidades beneficiarias requiridas para emendaren as xustificacións que non estean debidamente completadas e/ou presentaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación do dito acto de requirimento a través desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. De non o facer, de conformidade co artigo 17.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas
(código de procedemento BS508C)

1. Relación de entidades de acción voluntaria e entidades locais e documentación requirida.

Nº exp.

Solicitante

NIF da

entidade

Documentación requirida

BS508C 2021/033

Concello de Cambre

P1501700G

– Memoria das actividades realizadas (art. 17.3.a)

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.3.a)

– Anexo II (art. 17.3.b)

– Anexo III (art. 17.3.c)

– Conta xustificativa (art. 17.3.d)

– Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (art. 4.1.c)

BS508C

2021/044

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a)
– Anexo IV: enviar completo e asinado, xunto coa documentación establecida no art. 17.2.d)

– Anexo V (art. 17.2.e)
– Memoria económica: revisar os cálculos indicados
– Memoria explicativa das actividades realizadas (art. 17.2.a): motivar cambio nas datas do proxecto

2. Data do acto de requirimento da emenda da documentación: 20 de decembro de 2021.

3. Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

4. Prazo de emenda da xustificación: dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto de requirimento no Diario Oficial de Galicia (DOG), para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos que se enumeran conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 17.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.