Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65837

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021 pola que se actualizan os anexos VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, a orde a que fai referencia o título desta resolución codificou tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola que, mediante esta resolución, se revisan as codificacións recollidas na orde citada, consonte a autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 da Consellería de Economía e Facenda.

As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:

• Lei de medidas fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo VI da Orde do 30 de xuño de 1992, da Consellería de Economía e Facenda, do xeito seguinte:

A) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

31.07.38

Autorización para a realización de certames, concursos, exposicións ou concentracións de animais no ámbito gandeiro

32.52.25

Comunicación da actividade de compostaxe comunitaria de bioresiduos

32.52.26

Traslados de residuos nas fronteiras exteriores e no traslado polo interior da CAG

32.52.27

Realización de inspeccións previas ao outorgamento das autorizacións para as operacións de tratamento de residuos

32.52.28

Comunicación da actividade de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en materia de residuos

32.57.03

IPPC distintas das recollidas na epígrafe 9.3 do Real decreto lexislativo 1/2016 (instalacións industriais IPPC)

32.57.04

IPPC recollidas na epígrafe 9.3 do Real decreto lexislativo 1/2016 (granxas IPPC)

Modificando os códigos seguintes:

31.07.04

Expedición de documentación oficial sanitaria de movemento, nacional ou intracomunitario, de animais vivos e produtos de orixe animal procedentes da gandaría ou da acuicultura, agás que sexa realizada de forma telemática a través das aplicacións informáticas habilitadas accesibles nas consellerías competentes en materia de gandaría ou acuicultura, a través da aplicación do sistema Traces ou que os operadores a obteñan directamente a través desta aplicación (mínimo 3,03€ por certificación)

31.07.06

Autorizacións e rexistros de centros/equipos de produtos reprodutivos de animais de renda e autorizacións de paradas de sementais, revisións anuais destes e emisión de certificados zoosanitarios

Eliminando os códigos seguintes:

30.06.00

Verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación

30.28.00

Dilixenciado do libro de rexistro de prácticas das escolas de navegación de lecer

Segundo. Actualizar o anexo VII da Orde do 30 de xuño de 1992, da Consellería de Economía e Facenda, que queda como segue:

Banco Santander

Banco Sabadell

BBVA

Targobank

Evo Banco

Abanca

Ibercaja

Caixabank

Caja Rural Gallega

Caja Rural Zamora

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2022.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia