Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65861

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade da encomenda de xestión a Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., como medio propio personificado, para o deseño e posta en marcha dun Centro de Produción de CAR-T en Galicia.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade da Resolución do Servizo Galego de Saúde, do 17 de decembro de 2021, pola que se encomenda a Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., como medio propio personificado, o deseño e a posta en marcha dun Centro de Produción de CAR-T e outras terapias celulares en Galicia.

Actividades: o deseño e posta en marcha dun centro de produción de CAR-T e outras terapias celulares en Galicia, para acadar unha mellora substancial nos tratamentos oncolóxicos mediante novas estratexias terapéuticas.

Este proxecto comprenderá, entre outras, as seguintes actuacións, sen prexuízo de calquera outra que lle sexa atribuída expresamente:

– Elaboración do proxecto de reparación e posta en marcha das instalacións destinadas á fabricación de terapias celulares avanzadas (CAR-T).

– Adquisición dos materiais e equipamento para empregar na posta en marcha das instalacións.

– Realizar todas as xestións necesarias para a posta en marcha do centro.

Natureza e alcance da xestión encomendada: e conformidade co previsto no artigo 1 dos seus estatutos, Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. (Galaria) constitúese pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia como unha sociedade mercantil pública autonómica con forma de sociedade anónima. A sociedade Galaria ten a consideración de medio propio personificado respecto da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico para a execución de actividades que lle sexan encargadas por esta ou polos seus organismos e entidades de natureza pública dentro das materias que constitúen o seu obxecto social.

Resulta de aplicación o artigo 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, por canto regula as encargas dos poderes adxudicadores a medios propios personificados.

Prazo de vixencia: a vixencia desta encomenda estenderase desde o 1 de xaneiro de 2021 ata a finalización de todas as actuacións necesarias para a posta en marcha do centro.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2021

Julio García Comesaña
Presidente do Servizo Galego de Saúde