Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64816

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO da aprobación definitiva de modificación de crédito.

En cumprimento do artigo 169.1, por remisión do 177.2, do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, ao non se presentaren alegacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario do 27 de outubro de 2021, sobre o expediente de modificación de créditos do orzamento en vigor na modalidade de suplemento de crédito, financiado con cargo ao remanente líquido da tesouraría como segue:

Altas en aplicacións de gastos

Suplemento de crédito:

Aplicación orzamentaria

Descrición

Euros

Programa

Económica

432

227

Ordenación e promoción turística. Traballos realizados por outras empresas ou profesionais

18.029

Total gastos

18.029

Financiamento:

Esta modificación finánciase con cargo ao remanente líquido da tesouraría resultante da liquidación do exercicio anterior, nos seguintes termos:

Altas en conceptos de ingresos

Económica

Descrición

Euros

Concepto

870.00

Remanente da tesouraría para gastos xerais

18.029

Total ingresos

18.029

Contra o presente acordo, en virtude do disposto no artigo 171 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos establecidos nos artigos 25 a 42 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdición.

Sen prexuízo diso, a teor do establecido no artigo 171.3 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a interposición do devandito recurso non suspenderá por si soa a efectividade do acto ou do acordo impugnado.

Sarria, 14 de decembro de 2021

Claudio Garrido Martínez
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos
do Camiño Francés