Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64818

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestravia, Soc. Coop. Galega

ANUNCIO do acordo de disolución e nomeamento de liquidadores.

En cumprimento do establecido nos artigos 86.a) e 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asamblea xeneral universal que tivo lugar no 1 de decembro de 2021 na sede social, acordouse por unanimidade a disolución de Xestravia, Sociedade Cooperativa Galega e o nomeamento de liquidadores.

Trabada, 3 de decembro de 2021

Manuel Gallo García
Antonio García García
Ramón Gallo Díaz
Liquidadores