No Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q). O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.
Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
O día 16 de novembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, emite resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das axudas e relación definitiva de premios.
De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 15 e 19 da referida orde, do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 16 de novembro de 2021, ditada no procedemento BS310Q, de concesión de premios e axudas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea no ano 2021 e na páxina web http://xuventude.xunta.es
Segundo. Comunicar que a Resolución do 16 de novembro de 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se coide oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.
As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.
Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social, entendéndose que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que considere oportuno.
Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:
Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.
No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada deberá, indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
ANEXO
Resolución dos premios e axudas para a fase final da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea no ano 2021 (DOG núm. 130, do 9.7.2021)
Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.
Mediante Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.
No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Así mesmo, no seu artigo 35 define unha axuda de 300,00 euros para cada un das persoas finalistas da especialidade de graffiti.
O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da comisión de selección de cada especialidade.
A comisión de selección da especialidade de graffiti asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.
Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para Xuventude,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.
Segundo. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo II os premios da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.
Terceiro. Publicar no anexo III a relación de solicitudes que non obtiveron premio.
Cuarto. Publicar no anexo IV a relación de solicitudes excluídas.
Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde de 29 de xuño de 2021; DOG núm. 130, do 9 de xullo). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
ANEXO I
Relación de persoas finalistas
Especialidade de graffiti
Programa Xuventude Crea 2021
Nº exp. |
Nome |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Puntuación |
Importe axuda |
BS310Q 2021/204 |
Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera |
***8763** |
Höney |
Bo camiño |
111 |
300,00 € |
BS310Q 2021/208 |
Alva Vidal Capón |
***0937** |
Ares |
As dúas en punto |
99 |
300,00 € |
BS310Q 2021/286 |
Daniel Fernández Vargas |
***9199** |
Seek |
Galaxia animal |
90 |
300,00 € |
BS310Q 2021/126 |
Nilo Lozano López |
***5684** |
Nailo |
Amor en tempos xeométricos |
74 |
300,00 € |
BS310Q 2021/016 |
Fernanda Rodríguez Miguélez |
***8007** |
Contraluz |
Contraluz |
63 |
300,00 € |
BS310Q 2021/233 |
Andrea Otero Vázquez |
***4248** |
Maldita |
37min |
51 |
300,00 € |
ANEXO II
Relación de persoas premiadas
Especialidade de graffiti
Programa Xuventude Crea 2021
Premios |
Nº exp. |
Nome |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Puntuación final |
Importe premio |
1º premio |
BS310Q 2021/204 |
Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera |
***8763** |
Höney |
Bo camiño |
93 |
3.000,00 € |
2º premio |
BS310Q 2021/208 |
Alva Vidal Capón |
***0937** |
Ares |
As dúas en punto |
90 |
1.500,00 € |
3º premio |
BS310Q 2021/286 |
Daniel Fernández Vargas |
***9199** |
Seek |
Galaxia animal |
88 |
1.000,00 € |
Mención de honra, que carece de dotación económica:
Nº exp. |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
BS310Q 2021/233 |
Andrea Otero Vázquez |
***4248** |
Maldita |
37min |
ANEXO III
Relación de solicitudes sen premio
Especialidade de graffiti
Programa Xuventude Crea 2021
Nº exp. |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Puntuación |
BS310Q 2021/016 |
Fernanda Rodríguez Miguélez |
***8007** |
Contraluz |
Contraluz |
63 |
BS310Q 2021/126 |
Nilo Lozano López |
***5684** |
Nailo |
Amor en tempos xeométricos |
74 |
ANEXO IV
Relación de solicitudes excluídas
Especialidade de graffiti
Programa Xuventude Crea 2021
Nº exp. |
Nome e apelidos |
Causa de exclusión |
BS310Q 2021/022 |
Andrea Rodríguez Eiras |
Incumpre por non presentar o bosquexo da obra feito a man (art. 34.4.a) da orde) |
BS310Q 2021/247 |
Pedro Aarón Álvarez Pérez |
Incumpre por non presentar o bosquexo da obra feito a man (art. 34.4.a) da orde) |