Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 63931

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 16 de novembro de 2021, de premios da especialidade de fotografía do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q), o procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O 16 de novembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, emite resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de fotografía do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias dos premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e os artigos 15 e 19 da referida Orde do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 16 de novembro de 2021, ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios da especialidade de fotografía do programa Xuventude Crea no ano 2021 e na páxina web http://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 16 de novembro 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se coide oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes, deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social, entendéndose que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios da especialidade de fotografía

do programa Xuventude Crea no ano 2021 (DOG núm. 130, do 9.7.2021)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

Nos seus artigos 2 e 3 recóllese a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

No seu artigo 15 regúlase a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de fotografía asinou as actas nas que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de fotografía do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Publicar no anexo II a relación de solicitudes que non obtiveron premio.

Terceiro. Publicar no anexo III a relación de solicitudes excluídas.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 29.6.2021; DOG núm. 130, do 9 de xullo). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas premiadas

Especialidade de fotografía

Programa Xuventude Crea 2021

Premios

Nº exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación final

Importe premio

1º premio

BS310Q 2021/085

Andrés González Seara

***5782**

Spectra

Spectra

96

3.000,00 €

2º premio

compartido

BS310Q 2021/001

Adrián Vázquez Rodríguez

***5519**

Adra pallón

Diversas

95

750,00 €

BS310Q 2021/163

Rocío Campoy Lage

***0876**

Genn studio

Berros

94

750,00 €

3º premio

compartido

BS310Q 2021/091

Claudia Valentina Feijóo Díaz

***3402**

Mares doutros

Mares doutros

90

500,00€

BS310Q 2021/211

Adrián Márquez Fernández

***0180**

Rita

Pare

87

500,00€

Mención de honra, que carece de dotación económica:

Nº exp.

Nome e apelidos

DNI

Pseudónimo

Título da obra

BS310Q 2021/024

David García Villaverde

***0908**

Davizucho

O patio do monxe

ANEXO II

Relación de persoas participantes que non obtiveron premio

Especialidade de fotografía

Programa Xuventude Crea 2021

Nº exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2021/002

Sergio Muíños García

***1340**

Drone_ovny

BS310Q 2021/012

Vanessa Parente González

***0892**

Lady blueberry

BS310Q 2021/018

Melanie Rodríguez Doval

***7844**

O motor da vida

BS310Q 2021/019

Alma Alonso Costas

***8429**

Miradas

BS310Q 2021/021

Andrea Rodríguez Eiras

***0977**

Meilán

BS310Q 2021/025

David Torrado Alfonso

***9135**

Dt

BS310Q 2021/027

Jacobo Durán Díaz Tejeiro

***1953**

Unha viaxe africana máis salvaxe

BS310Q 2021/028

María Correa Iglesias

***0208**

Ollos que te viron vir...

BS310Q 2021/031

Sonia Vázquez Abelleiro

***6143**

Percorrer a paisaxe

BS310Q 2021/036

Andrea Domínguez Torres

***1313**

Carballo

BS310Q 2021/041

Iago Pensado Malleu

***0535**

Escopofobia

BS310Q 2021/042

Icía Vázquez Rodríguez

***1959**

Fogares alleos

BS310Q 2021/043

Lucía Sesar Ares

***9431**

Dublín

BS310Q 2021/045

María Feijóo Sanmartín

***9505**

Dalinda

BS310Q 2021/049

Míriam Román Prieto

***8499**

Euksei

BS310Q 2021/050

Pablo Mendizábal Recuna

***2865**

Imar

BS310Q 2021/058

Alejandro Rego Díaz

***5854**

A.morandi

BS310Q 2021/059

Leticia Pallas Loureiro

***0656**

Roky

BS310Q 2021/060

Sofía Solveira Montero

***2031**

Amatista

BS310Q 2021/061

Helena Constela Lorenzo

***6119**

Luna halley

BS310Q 2021/074

Sara Incera Martín

***5333**

Humidade

BS310Q 2021/077

Alba Paz Piñeiro

***2961**

Kevans

BS310Q 2021/078

Christián Felip Domínguez Vidal

***4059**

Realityshow

BS310Q 2021/079

Ricardo Manuel Rojas Padilla

***2636**

Deambulando

BS310Q 2021/089

Olaya Rodríguez Pérez

***2906**

Bolboretiña

BS310Q 2021/099

Cristóbal Añón Blanco

***5499**

Tobal bokeh

BS310Q 2021/101

Alejandro Añón Blanco

***5499**

Artinmarcesible

BS310Q 2021/103

Oliver Alonso Fernández

***9878**

Oli

BS310Q 2021/107

Daniel Pérez Domínguez

***5348**

Noticias extrañas

BS310Q 2021/120

Miguel Tierra Rodríguez

***7598**

Pijallo

BS310Q 2021/121

Rebeca López Villar

***6064**

Baixo a mirada da lúa

BS310Q 2021/123

Hooman Taghavi

***014**

La naturaleza abandonada

BS310Q 2021/135

Marta Rodríguez Cacheda

***7951**

Blooper

BS310Q 2021/138

Eduardo Stanciu Piñeiro

***6411**

Pequeños detalles

BS310Q 2021/139

Mª Angélica Álvarez Estévez

***9007**

Angustias

BS310Q 2021/140

Andrea González Lozoya

***6049**

Intros

BS310Q 2021/142

Andrea Sinde González

***5503**

Aria

BS310Q 2021/144

Greta Pérez Cobas

***4637**

Supadupa

BS310Q 2021/153

Judith Ruso Pereiro

***0719**

Rei a.

BS310Q 2021/157

Christián Fariña Agra

***5107**

Chris

BS310Q 2021/162

Francisco Bottero

***1411**

Abismo, inmensidad, equilibrio...

BS310Q 2021/164

Cecilia Pérez Fernández

***8883**

Cece hawks

BS310Q 2021/166

Cecilia López Prego

***8478**

Triángulo

BS310Q 2021/187

Cristina Martínez Vigaray

***3098**

C. vigaray

BS310Q 2021/201

Sara Piñeiro Fernández

***5430**

Albedo

BS310Q 2021/209

Iris Rodríguez Justo

***4763**

Nimbos

BS310Q 2021/213

Ana María Vásquez Fernández

***0155**

Casiopea

BS310Q 2021/218

David Algre Martínez

***9868**

Da

BS310Q 2021/220

Mª Dolores Mareque Santos

***8957**

Marequespace

BS310Q 2021/231

Andrea Otero Vázquez

***4248**

Maldita

BS310Q 2021/236

Iago Fontoira Araújo

***7981**

Prefiro creer que non existes

BS310Q 2021/238

Lucas Alba González

***9261**

Ecoilóxico

BS310Q 2021/241

Mara Vecoña Vieira

***5848**

O noso tempo, tempo roubado

BS310Q 2021/243

Coral Hermo Calvo

***5303**

Embruxo da terra

BS310Q 2021/245

Adriana Brantuas Arijón

***7497**

Semper

BS310Q 2021/248

Carla Álvarez Rodríguez

***5677**

Verán nas antípodas

BS310Q 2021/250

Ana Gómez Ferreira

***2990**

Naturalisa

BS310Q 2021/254

Cristina Rodríguez Chiarroni

***1397**

Seitán

BS310Q 2021/255

Lidia Martín Outeda

***7899**

Exprimir segundos

BS310Q 2021/260

Andrés Rivas Rodis

***0094**

A.r.r

BS310Q 2021/262

Elba Meléndez Bergantiños

***1879**

Ciruballos

BS310Q 2021/270

Manuel Enrique Rodríguez Pimentel

***4131**

Ginnebra

BS310Q 2021/271

Nadia Sniba Vásquez

***1647**

Lost world

BS310Q 2021/288

Claudia Gómez López

***8158**

Macadamia

BS310Q 2021/292

José Ramón Carreira Núñez

***0544**

Mon

BS310Q 2021/300

Jorge Ángel Piñeiro Acevedo

***9501**

Formigón e cristal

BS310Q 2021/302

Alva Vidal Capón

***0937**

Fértil

BS310Q 2021/304

Naim Codeseda Tielas

***7400**

Kibo

BS310Q 2021/306

David Arosa Cerqueiro

***6167**

Soidade

BS310Q 2021/307

Mar Aneiros Rosado

***0235**

Imagina soñar

BS310Q 2021/309

María Pilar Mariño Pérez

***3892**

Tormento

BS310Q 2021/312

Inés Jiménez Pedrás

***0436**

Ij

ANEXO III

Relación de solicitudes excluídas

Especialidade de fotografía

Programa Xuventude Crea 2021

Nº exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Causa de exclusión

BS310Q 2021/113

Adrián González Salgueiro

***3033**

Salgueiro

Meridiano

Artigo 32.b)