Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 63938

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 16 de novembro de 2021, de premios da especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q), o procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O 16 de novembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, emite resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias dos premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e os artigos 15 e 19 da referida Orde do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 16 de novembro de 2021, ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios da especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea no ano 2021 e na páxina web http://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 16 de novembro de 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se coide oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes, deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social, entendéndose que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios da especialidade de artes plásticas

do programa Xuventude Crea no ano 2021 (DOG núm. 130, do 9.7.2021)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

No seu artigo 15 regúlase a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de artes plásticas asinou as actas nas que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Publicar no anexo II a relación de solicitudes que non obtiveron premio.

Terceiro. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 29.6.2021; DOG núm. 130, do 9 de xullo). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas premiadas

Especialidade de artes plásticas

Programa Xuventude Crea 2021

Premios

Nº exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación final

Importe premio

1º premio

BS310Q 2021/227

María García Fernández

***8582**

Mg

Fragmentos de una erosión

80

3.000,00 €

2º premio

BS310Q 2021/102

Oliver Alonso Fernández

***9878**

Oli

We are all alike

78

1.500,00 €

3º premio compartido

BS310Q 2021/251

Alejandro Vázquez Tomé

***9471**

Quería traer flores

Quería traer flores

71

500,00 €

BS310Q 2021/317

Alejandro Reiriz Pouseu

***1284**

Galicia esperta e herbas ledas

Galicia esperta e herbas ledas

71

500.00 €

ANEXO II

Relación de persoas participantes que non obtiveron premio

Especialidade de artes plásticas

Programa Xuventude Crea 2021

Nº exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2021/026

Eva Piay Fernández

***3699**

Froito das sementes extinguidas

BS310Q 2021/029

María del Mar Ramón Soriano

***6090**

Creadora_69

BS310Q 2021/037

Andrea Domínguez Torres

***1313**

Carballo

BS310Q 2021/048

Miriam Román Prieto

***8499**

Euksei

BS310Q 2021/094

Ruth Vidal Suárez

***1529**

Qui.sap

BS310Q 2021/116

Sandra Eiriz Valverde

***2061**

Molusko

BS310Q 2021/147

Natalia Pia Conde Diez

***4292**

Pasadetodo

BS310Q 2021/151

Sara Caride Blanco

***9859**

Os xanciños

BS310Q 2021/152

Sara Rios Barbeito

***1805**

As afogadas

BS310Q 2021/212

Dana Silvia Rodríguez Justo

***7953**

Cabaliño do demo

BS310Q 2021/235

Iago Fontoira Araújo

***7981**

Sen Pseudónimo

BS310Q 2021/253

Cristina Rodríguez Chiarroni

***1397*

Seitán

BS310Q 2021/003

María Laura Carrillo Neira

***5999**

Mosk

BS310Q 2021/007

Sara Piñeiro Fernández

***5430**

Ahatetxoa

BS310Q 2021/017

Fernanda Rodríguez Miguélez

***8007**

Riquiña

BS310Q 2021/020

Andrea Rodríguez Eiras

***0977**

Filucha

BS310Q 2021/038

Beatriz María Santos Gestido

***1511**

Sidra

BS310Q 2021/044

María del Rocío García Pedreira

***0467**

Pedra da eira

BS310Q 2021/062

Noa Rodríguez Méndez

***5606**

Maquetas do territorio

BS310Q 2021/081

Rebeca López Villar

***6064**

De las tareas de Penélope

BS310Q 2021/083

Abril Pena Fernández

***6220**

Abre a túa mente

BS310Q 2021/088

Ana María Cabanes Fontao

***1862**

22 de la serie kòsmos

BS310Q 2021/092

Ismael García Rodríguez

***6887**

Epéntico

BS310Q 2021/096

Alejandro Rodríguez Dono

***1228**

Prunus cerasus nebulae

BS310Q 2021/097

Nerea Cordeiro Cerviño

***1361**

Animales enfermos por la conciencia II

BS310Q 2021/104

Carmen Romero Conde

***3009**

Antagonismo cíclico

BS310Q 2021/105

Adriana Souto Lorenzo

***5018**

Gaia Rodríguez

BS310Q 2021/106

Marta Ponte Longueira

***3322**

Persoas

BS310Q 2021/110

Vanessa Parente González

***0892**

Lady Blueberry

BS310Q 2021/124

Sabela Rodrigues Ferreiro

***3049**

De corpo presente

BS310Q 2021/131

Nicolás Vázquez Ben

***7334**

A velada literaria

BS310Q 2021/137

Judith Ruso Pereiro

***0719**

Vista aérea I

BS310Q 2021/154

Eva Antelo Mata

***9556**

Heba

BS310Q 2021/156

Rocío Campoy Lage

***0876**

Genn Studio

BS310Q 2021/158

Stella del Carmen Misa Martínez

***1975**

Ophelia mirando ao chan

BS310Q 2021/186

Lucía Rúa Lourido

***9085**

Aivaichispún

BS310Q 2021/188

Mara Costa Varela

***9176**

Estrutura provisional

BS310Q 2021/197

Alva Vidal Capón

***0937**

Corazón colmea

BS310Q 2021/198

Beltaine Barcaza García

***9186**

Ceibe

BS310Q 2021/203

Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera

***8763**

Höney

BS310Q 2021/207

Roque Piñeiro Vieira

***3123**

Geppetto

BS310Q 2021/217

Nerea Varela Castro

***0952**

Segue o seu curso...

BS310Q 2021/219

Julio Catalán Rubinos

***3992**

Arquipélago

BS310Q 2021/221

Daniel Miguel De Toro Cuns

***5360**

Queimado

BS310Q 2021/223

Marina Barcia García

***1427**

Muller escorpión

BS310Q 2021/228

Andrea León González

***5700**

Chorima

BS310Q 2021/232

Andrea Otero Vázquez

***4248**

Maldita

BS310Q 2021/239

David Algre Martínez

***9868**

Da

BS310Q 2021/244

José Javier Francisco Marini

***9256**

Trasnos

BS310Q 2021/259

Andrés Rivas Rodís

***0094**

A.R.R

BS310Q 2021/291

José Ramón Carreira Núñez

***0544*

Mon

BS310Q 2021/303

Naim Codeseda Tielas

***7400**

Kibo

BS310Q 2021/311

Inés Jiménez Pedrás

***0436**

IJ

BS310Q 2021/329

Rita Sánchez Dosil

***0481**

Risa