Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63620

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 17 de decembro de 2021 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 18 de maio de 2021, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2021, susceptibles de seren financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

BDNS (Identif.): 566894.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Redistribución do crédito orzamentario

Modifícase a distribución plurianual dos créditos dispoñibles para concesións na convocatoria da liña IG240 Axudas, que se aboarán con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7700: 450.000 €, con cargo ao exercicio 2021, e 6.450.000 € con cargo ao exercicio 2022.

Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7810: 50.000 €, con cargo ao exercicio 2021, e 50.000 € con cargo ao exercicio 2022.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica