Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63618

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 18 de maio de 2021, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2021, susceptibles de seren financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

Mediante a Resolución do 18 de maio de 2021 publicouse no DOG nº 101, do 1 de xuño, o Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2021 susceptibles de seren financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No punto terceiro da resolución establécese que o crédito dispoñible está distribuído do seguinte xeito:

Convocatoria

Partida orzamentaria

Ano 2021

Ano 2022

Total

Liña IG239 Obradoiros

06.A1.741A.781.0

20.000 €

380.000 €

400.000 €

Liña IG240 Axudas

06.A1.741A.770.0

450.000 €

6.150.000 €

6.600.000 €

06.A1.741A.781.0

50.000 €

350.000 €

400.000 €

Total

520.000 €

6.880.000 €

7.400.000 €

Unha vez analizadas as solicitudes recibidas, a previsión de asignación de fondos ás solicitudes correspondentes á liña IG240 Axudas atendibles a cargo da partida 06.A1.741A.781.0 leva a considerar que o importe máximo da axuda para conceder a cargo desa partida será inferior aos 100.000 €. Tendo en conta o anterior, haberá un importe sobrante de 300.000 € nesa partida que podería aplicarse para financiar proxectos atendibles a cargo da partida 06.A1.741A.770.0, nos cales a demanda é moito maior. Para iso, dado que a convocatoria está nunha fase de xestión inicial en que a operación Feder non está finalizada, proponse redistribuír os créditos da partida 06.A1.741A.781.0 de maneira que se poida financiar un maior número de proxectos.

Co fin de apoiar a maior cantidade de solicitudes de axuda posible,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar a distribución plurianual dos créditos dispoñibles establecidos no punto terceiro da Resolución do 18 de maio de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2021 susceptibles de seren financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C), que quedará como segue:

Convocatoria

Partida orzamentaria

Ano 2021

Ano 2022

Total

Liña IG239 Obradoiros

06.A1.741A.781.0

20.000 €

380.000 €

400.000 €

Liña IG240 Axudas

06.A1.741A.770.0

450.000 €

6.450.000 €

6.900.000 €

06.A1.741A.781.0

50.000 €

50.000 €

100.000 €

Total

520.000 €

6.880.000 €

7.400.000 €

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica