Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63621

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Xerontoloxía.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 5 de outubro de 2021 (publicado no BOE do 22 de outubro por Resolución do secretario xeral de Universidades do 6 de outubro de 2021),

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Xerontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Xerontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña (mod. 2021)

Código RUCT: 4317745.

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

20

Prácticas externas OB

8

Traballo fin de máster

8

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Demografía do Envellecemento

Obrigatoria

4

1ºc

Módulo Obrigatorio Común

Intervención en Xerontoloxía

Obrigatoria

4

1ºc

Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía

Obrigatoria

4

1ºc

Valoración en Xerontoloxía

Obrigatoria

4

1ºc

Xerontoloxía Clínica I

Obrigatoria

4

1ºc

Xerontoloxía Social I

Obrigatoria

4

1ºc

Patoloxía e Intervención Xeriátrica

Optativa

4

1ºc

Especialidade Clínica (UDC)

Xerontoloxía Clínica II

Optativa

4

1ºc

Prácticas externas Especialidade Clínica

Obrigatoria

8

1ºc

Traballo fin de máster Especialidade Clínica

Obrigatoria

8

1ºc

Atención Sociosanitaria

Optativa

4

1ºc

Especialidade Social (USC)

Xerontoloxía Social II

Optativa

4

1ºc

Prácticas externas: Especialidade Social

Obrigatoria

8

1ºc

Traballo fin de máster: Especialidade Social

Obrigatoria

8

1ºc

Inglés

Optativa

3

1ºc

Módulo de Optativas da UDC

Intervención non Farmacolóxica en Demencias

Optativa

3

1ºc

Novas Tecnoloxías, Produtos de Apoio e Contorno Accesible

Optativa

3

1ºc

O proxecto de Investigación en Xerontoloxía

Optativa

3

1ºc

Psicoloxía Clínica

Optativa

3

1ºc

Bioloxía do Envellecemento

Optativa

3

1ºc

Módulo de Optativas da USC

Dereito e Responsabilidade Civil Xerontolóxica

Optativa

3

1ºc

Dirección e Xestión Xerontolóxica

Optativa

3

1ºc

Economía Xerontolóxica

Optativa

3

1ºc

Intervención Sociopedagóxica en Xerontoloxía

Optativa

3

1ºc

Especialidades:

O máster en Xerontoloxía conta con dúas especialidades:

– Xerontoloxía Clínica (UDC).

– Xerontoloxía Social (USC).

Os alumnos/as deberán cursar polo menos unha especialidade, para o cal deberán superar as materias vinculadas (8 créd.) e as prácticas externas e o TFM vinculados á especialidade.

Poderán, así mesmo, cursar a 2ª especialidade cumprindo os mesmos requisitos que para a 1ª especialidade.

As materias vinculadas dunha especialidade poderán computar como optativas xerais na outra especialidade.