Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63624

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 5 de outubro de 2021 (publicado no BOE do 22 de outubro, por Resolución do secretario xeral de Universidades do 6 de outubro de 2021).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4317746.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

21

Optativas

27

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Redacción Informativa

Optativa

6

1ºc

Complementos de Formación

Teoría e Fundamentos do Xornalismo

Optativa

6

1ºc

Teoría e Técnica de Comunicación na Sociedade Actual

Optativa

6

1ºc

Xornalismo Audiovisual. Teoría e Técnicas

Optativa

6

1ºc

Documentación. Xestión e Visualización de Datos

Obrigatoria

3

1ºc

Materias Obrigatorias

Innovación Xornalística: Novos Formatos, Produtos e Soportes

Obrigatoria

6

1ºc

Narrativas Xornalísticas: Novos Xéneros e Novas Linguaxes

Obrigatoria

6

1ºc

Tendencias nos Modelos de Negocio en Xornalismo

Obrigatoria

3

1ºc

Xornalismo e Comunicación Híbridos na Sociedade Líquida

Obrigatoria

3

1ºc

Métodos de Investigación Cualitativa e Cuantitativa

Optativa

6

1ºc

Itinerario Investigador

Traballo fin de máster Itinerario Investigador

Obrigatoria

12

1ºc

Prácticas en empresa

Optativa

6

1ºc

Itinerario Profesional

Traballo fin de máster Itinerario Profesional

Obrigatoria

12

1ºc

Laboratorio de Comunicación en Democracia

Optativa

3

1ºc

Especialidade en Elaboración de Contidos Informativos e Comunicación Multimedia

Laboratorio de Contidos Informativos

Optativa

3

1ºc

Novos Escenarios Informativos

Optativa

3

1ºc

Xornalismo e Comunicación na Sociedade Rede

Optativa

3

1ºc

Xornalismo e Innovación: Adaptación do Xornalismo ao Escenario Actual

Optativa

3

1ºc

Ideación, Creatividade e Narración

Optativa

3

1ºc

Especialidade en Ideación e Creación de Produtos Multimedia

Laboratorio de Produtos Multimedia

Optativa

3

1ºc

Produción, Valoración e Extensión

Optativa

3

1ºc

Produtos Enfocados cara á Audiencia

Optativa

3

1ºc

Xestión de Proxectos Xornalísticos no Contorno Multimedia

Optativa

3

1ºc

Audiencias e Estratexias Informativas

Optativa

6

1ºc

Materias Optativas Comúns

Evolución dos Medios de Comunicación na Sociedade do Coñecemento

Optativa

3

1ºc

Perfís Actuais do Profesional da Información e da Comunicación

Optativa

3

1ºc

Produtos Culturais no Ecosistema Comunicativo da Sociedade en Rede

Optativa

3

1ºc

Complementos de formación:

O alumnado que proveña de graos de Humanidades e Ciencias Sociais diferentes a Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade terá que cursar os complementos formativos ofertados no título.

Especialidades:

Este máster ten dúas especialidades:

– Especialidade en Elaboración de Contidos Informativos e Comunicación Multimedia.

– Especialidade en Ideación e Creación de Produtos Multimedia.

Para obter unha especialidade o alumno deberá cursar as materias optativas do módulo da especialidade. Tamén pode optar por obter o título sen especialidade se non cumpre este requisito, para o cal pode cursar as materias optativas á súa elección de entre toda a oferta.

Itinerarios:

Ademais das especialidades, o título ten dous itinerarios:

– Saída profesional.

– Saída investigadora.

O alumno/a deberá matricularse nun dos dous itinerarios. Para realizar o itinerario profesional deberá cursar as prácticas externas e para o itinerario investigador a materia Métodos de Investigación Cualitativa e Cuantitativa. O traballo fin de máster está vinculado ao itinerario, polo que o alumno/a que queira cursar os dous itinerarios deberá realizar dous TFM.