Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63627

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 5 de outubro de 2021 (publicado no BOE do 22 de outubro por Resolución do secretario xeral de Universidades do 6 de outubro de 2021).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4317829.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

18

Prácticas externas OB

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Análise de Escenarios e Espazos Electorais

Obrigatoria

3

1ºc

Instrumentos para a Análise Política

Técnicas Cuantitativas de Análise Política

Obrigatoria

6

1ºc

Tecnoloxías e Ferramentas de Márketing

Obrigatoria

3

1ºc

Tecnoloxías para a Análise Cualitativa

Obrigatoria

3

1ºc

Tecnopolítica e Redes Sociais

Obrigatoria

3

1ºc

Márketing Institucional

Obrigatoria

3

1ºc

Márketing e Comunicación do Goberno

Márketing Político Dixital

Obrigatoria

3

1ºc

Tecnoloxías e Xestión da Comunicación Dixital

Obrigatoria

3

1ºc

Xestión de Crise

Obrigatoria

3

1ºc

Comunicación Estratéxica

Optativa

3

1ºc

Optativas de Estratexia Política

Consultoría Estratéxica

Optativa

3

1ºc

Estratexia e Goberno: a Campaña Permanente

Optativa

3

1ºc

Ferramentas de Consultoría Política

Optativa

3

1ºc

Microtargeting e Estratexia Política

Optativa

3

1ºc

Planificación e Dirección de Campañas

Optativa

3

1ºc

Ciencia de Datos e Modelización Política

Optativa

3

1ºc

Optativas de Tecnoloxía Política

Ferramentas de Imaxe en Campaña

Optativa

3

1ºc

Neuromárketing

Optativa

3

1ºc

Tecnoloxías de Xestión Emocional da Política

Optativa

3

1ºc

Tecnoloxías na Comunicación Política

Optativa

3

1ºc

Tecnoloxías Intelixentes e Political Training

Optativa

3

1ºc

Prácticas externas

Obrigatoria

6

1ºc

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

Obrigatoria

6

1ºc

Especialidades:

Este máster non ten especialidades nin itinerarios, porén, os alumnos/as deberán escoller tres materias de cada un dos módulos optativos da titulación para obter os 18 créditos optativos que teñen que superar.