Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63704

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO do expediente de información pública de estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións na rúa do Porto, nas frontes das parcelas cos números 52, 54, 56 e 58.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 15 de novembro de 2021, aprobou inicialmente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións na rúa do Porto, nas frontes das parcelas cos números de policía 52, 54, 56 e 58 do Vicedo, redactado por Urben Consultores, S.L. e promovido por Dolores Piñeiro Infante e outros.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión da provincia de Lugo, co fin de que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo. Tamén poderá consultarse fisicamente nas oficinas administrativas da Casa do Concello, sita na travesía da Mariña, nº 57, O Vicedo, das 9.00 ás 15.00 horas.

O Vicedo, 29 de novembro de 2021

José Jesús Novo Martínez
Alcalde