Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no BOE, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados, para o seu exame e coñecemento, nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Situación |
DNI do titular catastral |
8466/2021 |
27067A059024920000XY |
Lugar da Feira, parroquia de Galdo, Concello de Viveiro (Lugo) |
01516727S |
Viveiro, 24 de novembro de 2021
María Loureiro García
Alcaldesa