Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63702

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo), no ámbito dos quinteiros 1 e 2.

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 7 de decembro de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo), nos quinteiros 1 e 2, segundo o proxecto presentado por Santiago Sur Galicia, S.L., o día 3.11.2021, elaborado polo arquitecto Fernando Arteaga.

Segundo. En aplicación do procedemento regulado nos artigos 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 186.1.a) do seu regulamento, a modificación inicialmente aprobada someterase á información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia. Simultaneamente efectuaráselles a notificación persoal aos titulares das parcelas afectadas segundo figuren no Catastro.

Durante o trámite de información pública solicitaranse os informes sectoriais preceptivos (Estradas do Estado, Patrimonio Cultural, Paisaxe e Augas de Galicia)

A modificación non suspende o outorgamento das licenzas nin dos actos suxeitos á comunicación previa que sexan conformes coa vixente normativa do plan parcial.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida á exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Modificacion-puntual-do-Plan-parcial-do-SUP-1-Romero-Donallo/gl

As alegacións deberán presentarse preferentemente, na sede do Concello de Santiago de Compostela, na epígrafe do Catálogo de trámites, a través do trámite de presentación de documentación e alegacións e da opción Achega libre. Deberá introducir o dato 2021/00035053J no campo do código do expediente e incorporar o documento das alegacións.

Tamén se pode presentar a documentación, con cita previa, nos rexistros do Concello de Santiago de Compostela ou por calquera outro medio establecido nas disposicións vixentes.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica