Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cuntis (expediente IN407A 2021/101-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Electra Cuntiense, S.L.U.

Domicilio social: Balneario 1, 36670 Cuntis.

Denominación: LMTS Campo.

Situación: Cuntis.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con conductor RHZ, de 1.070 metros de lonxitude, con orixe no centro de distribución Campo e final no apoio nº 8 da LMT principal Campo-Arcos, o cal se substitúe por un apoio C-2000/14. A instalación está situada en Campo e Porto de Gómez, no municipio de Cuntis.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG núm. 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 11 de agosto de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG nº 5, do 11.1.2021, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial