Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa forestal.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela.

Por este anuncio ponse de manifesto o incumprimento da obriga de xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas prohibidas en relación cos inmobles que a continuación se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Lugar

Propietario

Expediente

15015A011024360000GZ

Polígono 11, parcela 2436, Barreiro de Abaixo, Cabanas

Beatriz Sánchez Pico

437/2021

15015A012009600000GB

Lugar Balvís, polígono 12, parcela 960, Cabanas

En investigación

1017/2021

15015A013005650000GK

Polígono 13, parcela 565, O Pelado, Cabanas

Domingo Gayo Pérez

1217/2021

7087238NJ6068N0001OQ

CR Sobor de Arriba 16, Cabanas

Hd. Clotilde Fernández Sánchez

1244/2021

8277615NJ6087N0001KG

CR As Pontes, Cabanas

Nicolás Badía Decabiedes

1283/2021

15015A011006540000GS

Polígono 11, parcela 654, As Agras, Cabanas

En investigación

1467/2021

15015A01101270000GS

Polígono 11, parcela 1207, As Agras, Cabanas

Fernando Loureiro Loureiro

1467/2021

15015A011012060000GE

Polígono 11, parcela 1206, As Agras, Cabanas

Filomena Anca Díaz

1467/2021

No cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2008, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e do requirimento para recordar o cumprimento da obriga da xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, cuxo contido será obxecto de publicación no Boletín Oficial del Estado (TEU).

A partir desta última publicación comezará a computar o prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obriga da xestión de biomasa e, de ser o caso, retirada de especias arbóreas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Cabanas.

Cabanas, 24 de novembro de 2021

Carlos Ladra Brage
Alcalde