Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría e concreción estética e composición edificatoria das unidades edificatorias 150110 e 150111 (Rúa Nova, 115-117) do PEPRI.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 26 de xaneiro de 2017, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría e concreción estética e composición edificatoria das unidades edificatorias 150110 e 150111 (Rúa Nova, 115-117) do PEPRI, formulado por José Vicente Tato Pardo e redactado polo arquitecto Javier Seral Varela-Villamor.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

– http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Así mesmo, faise constar que, unha vez publicado este anuncio, se lle remitirá á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda unha copia dilixenciada, en soporte dixital, do documento aprobado definitivamente, para os efectos previstos nos artigos 82.4 e 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 25 de febreiro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal

Justo Díaz Rodríguez
Secretario xeral do Pleno