Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 60886

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se modifican os prazos para a anualidade 2021 establecidos nos artigos 17 e 18 da Orde do 15 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e convocan para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D).

O 5 de outubro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 15 de setembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e se convocan para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, iniciouse a revisión da documentación achegada polos solicitantes para, a continuación, realizar a súa avaliación. A complexidade do seu proceso de avaliación non permite resolver as axudas nos prazos previstos, polo que, co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2021 establecido nos artigos 17.3 e 18.3 da convocatoria.

Polo que antecede procede

RESOLVER:

Artigo único. Modificación do artigos 17.3 e 18.3 da Orde do 15 de setembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e se convocan para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D)

1. O artigo 17.3 da citada orde queda redactado do seguinte xeito:

17.3. A data límite para a sinatura dos contratos, que se establecerá na resolución de adxudicación das axudas, será para todos os beneficiarios ata o 29 de decembro de 2021.

2. O artigo 18.3 da citada orde queda redactado do seguinte xeito:

18.3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período de xustificación

Data límite
de presentación

1ª xustificación: desde a data de comezo dos contratos ata o mes de decembro de 2021, este incluído.

– A documentación indicada nas epígrafes a), c), d) do punto 2 deste artigo.

Con esta xustificación unicamente se librarán os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias.

30 de decembro de 2021

2ª xustificación: mensualidades de decembro de 2021 a abril de 2022, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes e), f), g), h) do punto 2 deste artigo.

Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias.

30 de xuño de 2022

3ª xustificación: de maio de 2022 a outubro de 2022, ambos os meses incluídos.

-A documentación indicada nas epígrafes a), b), d), e), f), g), h) do punto 2 deste artigo.

15 de decembro de 2022

4ª xustificación: de novembro de 2022 a abril de 2023, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes e), f), g), h) do punto 2 deste artigo.

Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias.

30 de xuño de 2023

5ª xustificación: de maio de 2023 a outubro de 2023, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes a), b), d), e), f), g), h), i) do punto 2 deste artigo.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse o importe das estadías.

15 de decembro de 2023

6ª xustificación: de novembro de 2023 a abril de 2024, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes e), f), g), h) do punto 2 deste artigo.

30 de xuño de 2024

7ª xustificación: de maio de 2024 ata a finalización dos contratos.

A documentación indicada nas epígrafes d), e), f), g), h) do punto 2 deste artigo e a documentación que se indica no punto 5 deste artigo, que se ten que enviar coa última xustificación.

30 de decembro de 2024

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2021

Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

P.D. (Orde do 9 de febreiro de 2021)

Manuel Vila López

Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Francisco Conde López

Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e presidente da Axencia Galega de Innovación