Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 60884

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a convocatoria para o ano 2021 regulada na Resolución do 14 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento DE402A).

A Resolución do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento DE402A), no artigo 15.4 do anexo I da citada resolución regula a xustificación da subvención establecendo que a persoa beneficiaria deberá presentar, electronicamente, no prazo máximo de 3 meses desde á recepción da axuda, en todo caso antes do 15 de decembro, a documentación xustificativa.

Tendo en conta que a convocatoria se publicou no 23 de setembro, ante as numerosas solicitudes de axudas presentadas que inciden directamente no tempo necesario para a instrución e tramitación do procedemento e co fin de garantir o cumprimento da finalidade das axudas, é preciso ampliar o prazo de xustificación. Neste senso, segundo o disposto no artigo 15.1 do anexo I, o pagamento terá carácter de anticipado do 100 % da subvención concedida e a previsión da resolución da concesión estará próxima á data disposta para a xustificación, polo que, co obxectivo de facilitar a xustificación da subvención concedida, é necesario modificar o artigo 15.4 do anexo I ampliando o prazo de xustificación.

En virtude do exposto e de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento DE402A)

Modifícase o artigo 15.4 do anexo I da Resolución do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento DE402A), como se indica:

«15.4. A persoa beneficiaria deberá presentar, electronicamente, no prazo máximo de 3 meses desde a recepción da axuda, en todo caso antes do 27 de decembro, a documentación xustificativa.».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Un. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular do órgano superior da Administración da Comunidade Autónoma con competencias en materia de deporte no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Dous. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2021

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte