Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61145

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Resolución do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento VI400A).

Feitos:

Primeiro. A Resolución da presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) do 25 de febreiro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia (no sucesivo, DOG) núm. 50, do 15 de marzo de 2021, convocou as subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos para o ano 2021 (código de procedemento VI400A).

Segundo. O ordinal décimo oitavo, núm. 2, da Resolución do 25 de febreiro de 2021 establece que, para os efectos de adoptar as correspondentes resolucións de concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e que, para tal fin, considerarase data de presentación aquela en que a solicitude estea validamente cuberta e acompañada da totalidade dos documentos exixidos nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria.

Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas coa documentación completa, a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito para a anualidade 2021 tiña a data de entrada en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o día 16 de novembro de 2021 ás 21:22:51.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O ordinal décimo oitavo, núm. 2, da Resolución do 25 de febreiro de 2021 establece que serán denegadas aquelas solicitudes que non dispoñan de cobertura orzamentaria no momento da súa resolución.

Segunda. Os artigos 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 32 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establecen que cando o procedemento administrativo establecido non leve consigo o esgotamento do crédito nun único acto de concesión, senón que a súa disposición se realice en actos sucesivos, o órgano xestor deberá publicar, no DOG e na súa páxina web, o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

En virtude do exposto anteriormente, e de acordo co establecido no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño,

RESOLVO:

Dar a coñecer o esgotamento, con data do 16 de novembro de 2021 ás 21:22:51 horas, do crédito autorizado para a anualidade 2021 destinado a sufragar as subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Intituto Galego da Vivenda e Solo