Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61147

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a composición da comisión avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

Logo de realizado o sorteo para a composición da comisión avaliadora a que fai referencia a Orde do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación (Diario Oficial de Galicia núm. 214, do 8 de novembro) (código de procedemento ED012A), de acordo co que establece a súa disposición vixésimo sexta, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPÓN:

Primeiro. Constituirase a comisión que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Actuará como persoa secretaria da comisión a persoa vogal con menor antigüidade na función pública docente como persoal funcionario de carreira, agás que a comisión acorde determinalo doutro xeito.

Terceiro. A comisión avaliadora poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.

Cuarto. Os membros da comisión terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xuño), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, corrección de erros do 1 de xuño) e, conforme as clasificacións que recolle, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Jesús Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Comisión de avaliación

(Orde do 26 de outubro de 2021 (DOG núm. 214, do 8 de novembro) (código de procedemento ED012A)

Posto

DNI

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Presidente titular

***4352**

Fernández

Fraga

Fernando

Vogal titular 1

***0953**

Armada

Vigo

Marina

Vogal titular 2

***8212**

Laíño

Carbia

Marina

Vogal titular 3

***3763**

Otero

López

Francisco

Vogal titular 4

***9047**

Blanco

Arca

Carlos

Vogal titular 5

***9760**

Castro

Porto

María Patricia

Vogal titular 6

***8262**

Dapena

González

José M.

Vogal titular 7

***8391**

Etxeita

Costales

Andrés

Vogal titular 8

***2043**

Sánchez-Brunete

Alija

Ana María

Vogal titular 9

***5245**

Feijoo

Blanco

José Luis

Presidente suplente

***5824**

Guerra

Fernández

Manuel

Vogal suplente 1

***0914**

Currás

Fernández

Celso

Vogal suplente 2

***5906**

Fernández

Agrafojo

María José

Vogal suplente 3

***3768**

Poch

Gutiérrez

Francisco Javier

Vogal suplente 4

***5466**

Rodríguez

Díaz

Julia

Vogal suplente 5

***1874**

Villanueva

Segade

Javier

Vogal suplente 6

***6823**

Rey

Sanmartín

Isabel

Vogal suplente 7

***1842**

Viñas

González-Zaera

María Concepción

Vogal suplente 8

***9585**

Meijide

Méndez

Pedro

Vogal suplente 9

***5269**

Fernández

Castiñeiras

Celia