Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60871

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

COPREMU, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO de liquidación e extinción de cooperativa.

Na asemblea xeral extraordinaria do 13.11.2021, por unanimidade dos asistentes acórdase a extinción de Copremu, S. Coop. Galega en liquidación, e apróbase o balance final de liquidación como segue:

Activo:

Tesouraría: 7.625,80 €.

Pasivo:

Capital: 12.020,24 €.

Resultados pendentes de aplicación: -3.122,00 €.

Perdas do exercicio: -72,44 €.

Provisión para gastos de liquidación: -1.200,00 €.

O importe correspondente a Tesouraría destinarase a facer fronte aos gastos de disolución que comporte a extinción da cooperativa e a adxudicación aos socios.

Facultar as liquidadoras para que fagan as xestións precisas para inscribir os seguintes acordos no Rexistro de Cooperativas de Galicia.

Cabana de Bergantiños, 13 de novembro de 2021

Isabel Costa Álvarez
Mª Teresa Cerdeiro Barreira
Celia Suárez Pose
Liquidadoras