Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60872

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Ourense

ANUNCIO de poxa pública de armas.

De conformidade co artigo 165 do vixente Regulamento de armas, ás 10.00 horas do día 24 de xaneiro de 2022, polo procedemento de prego pechado, procederase, na Comandancia da Garda Civil de Ourense, rúa Bieito Amado, nº 17, ao alleamento en poxa pública de 800 armas (escopetas, rifles, carabinas, pistolas e revólveres).

As ditas armas serán expostas ao público na citada Comandancia, desde o día 17 ao 21 de xaneiro, das 9.00 ás 13.00 horas.

Ourense, 19 de novembro de 2021

Rafael López Pinel
Tenente coronel xefe da Comandancia
da Garda Civil de Ourense