Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60870

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

ANUNCIO de poxa pública de armas.

Os días 31 de xaneiro e 1, 2, 3 e 4 de febreiro de 2022, en horario de 9.30 a 13.00 horas, terá lugar nas dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, sita na avenida Domingo Fontán, nº 6, Poio (Pontevedra), unha poxa pública de 868 escopetas, 20 rifles, 3 fusís, 57 carabinas de tiro deportivo, 123 pistolas e 74 revólveres, polo procedemento de prego pechado.

A apertura dos sobres coas ofertas e a adxudicación das armas farase o día 7 de febreiro de 2022, a partir das 10.00 horas, no citado acuartelamento.

Poio, 3 de novembro de 2021

Simón Venzal Contreras
Coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra