Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/199-4).

A instalación denominada Reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 15 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 21 de decembro de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas leiras, e se informará de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 10 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Reforma BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml servidume de paso aérea

m2 servidume de paso aérea

m2 subsolo

m2 servidume de paso soterrada

Concello

1

54057A151000890000BZ

Cepos

Agrario

Hros. José Lino Fernández Alonso

1

1,44

2

0,20

Vigo

2

54057A151000980000BY

Cepos

Agrario

José Miguel Álvarez Salazar

2

3,24

17

56,90

7

9,97

Vigo

3

54057A150000410000BR

Sistro

Agrario

Descoñecido

3

1,44

Vigo