Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforzo LMTA GON805 de derivación aos CT A Lama e Camos II, no concello de Nigrán, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/001-4).

A instalación denominada reforzo LMTA GON805 de derivación aos CT A Lama e Camos II, no concello de Nigrán, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 8 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 20 de xaneiro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Nigrán.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas leiras e se informará de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 10 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Reforzo LMTA GON805 de derivación aos CCTT A Lama e Camos II

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

M2 solo

m2 servidume de paso soterrada

Concello

1

54035A032001300000HO

Castillo

Agrario

Descoñecido

A5

1,44

Nigrán

2

54035A032001160000HY

Castillo

Agrario

Manuel Nandín Pérez

A6

1,69

9

Nigrán

3

54035A032001330000HD

Castillo

Agrario

Descoñecido

A6

7,06

Nigrán

4

54035A032002770000HY

Touza

Agrario

José Abril Fernández

A7

1,69

8,85

Nigrán

5

54035A032002600000HK

Lama

Agrario

Descoñecido

A8

1,69

16,06

Nigrán

6

54035A045000200000HM

Pedrosas

Agrario

Mercedes Contreras Marcos

María Flor González Contreras

A9

1,69

15,5

Nigrán