Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2021/173-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMT e CT O Campo da Porta.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor tipo LA-80 de 25 metros, con orixe no apoio nº 13 existente de tipo HV 15/630-CR1-CA da LMT LOZ808B e final no apoio nº 15 existente de tipo HV 25/630-CR1-CA da LMT LOZ808B. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 647 metros de lonxitude, con orixe no paso de aéreo a subterráneo proxectado no apoio nº 14 de tipo C14/1000-H35-CA da LMT LOZ808B e final no CT proxectado. Centro de transformación con relación 20.000/400 V a 100 kVA. As obras están situadas no lugar do Campo da Porta, concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 9 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/173. Denominación: LMT e CT O Campo da Porta.

Localidade: Pontevedra. Concello: Pontevedra.

Parcela

Titular

Cultivo

Apoio

Voo

Superficie ocupada m2

Lonx. metros

Sup. afect. m2

2

Labor

Manuel Ribadulla Cortegoso

CT

1

17