Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2021/217-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS Mos 706 polígono industrial Monte Faquiña.

Situación: Mos.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 15 kV con condutor de tipo LA-56 e en dúas actuacións. Primeira actuación de 133 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 (punto 2), e final no apoio proxectado C-2000/16 (punto 3). Segunda actuación de 27 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 (punto 2), e final no apoio existente HV-1000/13. LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 19 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 (punto 1) e final no apoio proxectado C-3000/16 (punto 2). As obras están situadas no polígono industrial de Monte Faquiña, na parroquia de Tameiga, no concello de Mos.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 9 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2021/217-4.

Denominación: LMTA, LMTS Mos 709 polígono industrial Monte Faquiña.

Localidade: Mos.

Concello: Pontevedra.

Nº de parcela no proxecto: 9.

Titular: Belarmino Campo Vila.

Lugar: lugar de Faquiña (Mos).

Cultivo: agrario.

Polígono: 33.

Parcela: 268.

Referencia catastral: 36033A03302680000SD.

Afección: 1,69 m2 para apoio nº 3.