Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada regulamentación LMT ALB801 apoio 83-18-7-2, no concello de Avión (expediente IN407A 2021/102-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. (en adiante, UFD), con CIF A63222533, domicilio social na avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid, sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas sitas no concello de Avión, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 26.7.2021, UFD solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas que se inclúen no proxecto de execución denominado Regulamentación LMT ALB801 apoio 83-18-7-2, asinado o 24.2.2021 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable da data indicada no proxecto, que se vai desenvolver no concello de Avión, que ten un orzamento de 3.118,19 €, e prevé a execución das instalacións que teñen as características técnicas que se detallan a seguir:

• Substitución na LMT ALB801, a 20 kV, do apoio núm. 83-18-7-2 de tipo HV-11/250, por deterioro, instalándose no seu lugar un novo apoio de celosía metálica de tipo C-12/1000, retensando os condutores existentes de tipo LA-30 sobre o apoio proxectado.

Segundo. A solicitude someteuse a información pública por Resolución do 30 de xullo de 2021, desta xefatura territorial, que foi publicada no DOG do 24.8.2021, no xornal La Región do 27.8.2021, no taboleiro de anuncios do concello afectado e nesta xefatura territorial, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Ao seren descoñecidos os titulares afectados foi realizado o trámite que se establece no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coa publicación na plataforma TEU do Boletín Oficial del Estado (BOE) do 1 de outubro de 2021 do Anuncio do 10 de setembro de 2021 desta xefatura territorial; así mesmo, tamén se deu conta ao Ministerio Fiscal para cumprir co trámite que establece o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954. Dentro do prazo establecido para iso non se presentaron alegacións contrarias á realización do proxecto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Esta xefatura territorial é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma Galega en materia de industria, enerxía e minas, no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Segundo. Foron cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no capítulo II, título VII, do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceiro. No expediente inclúese a acta de comprobación sobre o terreo da traza da infraestrutura eléctrica, na cal non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Esta xefatura territorial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

resolve:

Primeiro. Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, e cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto antes sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, se dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e nas horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 5 de novembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense